Helado de frambuesas y yogur

10 (120 de neveira) minutos 6 comensales

Cando a calor apreta, non hai nada como un xeado de framboesas e iogur. Feito na casa e 100% saudable, sen conservantes nin colorantes… ademáis de super fácil e rápido de preparar.

Para este xeadiño usamos a nosa marmelada de framboesa Pazo de Vilane, feita con froita cultivada nas fincas do Pazo, madurada ao sol e recollida xusto no seu punto.

A terra e o clima galego xogan ao noso favor: o sol suave (case primaveral), a humidade constante e a riqueza do sustrato proporciónanos unhas framboesas riquísimas, con moito zume e co toque exacto de acidez.

¿Pode haber algo máis apetecible?

Trucos infalibles para un xeado de framboesa e iogur “de profesional”

  • Usa o iogur máis cremoso e rico que poidas atopar.
  • Podes facer o azucre invertido desta receta na casa, pero se non te queres complicar, hoxe en día é fácil atopalo en calquer tenda de alimentación. Trátase dun almibre transparente que se obtén por hidrólisis da frutosa e a glucosa.
  • O azucre invertido é perfecto para usar en recetas de xeados, porque impide a cristalización e adoza máis con menos cantidade.
  • A nata para montar debe estar moi fría; así subirá mellor.
  • Saca o xeado un pouquiño antes de servilo. Con 5 minutos chegará.
  • Consegue o zume de framboesa e bótalle unha pinga por riba xusto antes de sacalo á mesa.
  • Sairáche igual de bo se usas marmelada de arandos de Pazo de Vilane en vez de framboesas. ¡Deixámolo ó teu gusto¡

Ingredientes

  • 500 ml de nata para montar
  • 4 iogures enteiros (mellor se son cremosos)
  • 150 g de marmelada de framboesa Pazo de Vilane
  • 50 ml de azucre invertido

Elaboración

  1. Bate a nata nun cunco grande, co batedor, a velocidade media, ata que empece a montar. Nese momento sobe a velocidade.
  2. Incorpora justo entonces y poco a poco la mermelada de frambuesa, los yogures y el azúcar invertido.
  3. Engade xusto agora e pouco a pouco a marmelada de framboesa, os iogures e o azucre invertido.
  4. Engade no recipiente que mellor te conveña para gardalo (mellor se podes tapalo)e lévao á neveira.
  5. Sácao e sírveo formando bólas.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade