Tronco de Nadal

O tronco de Nadal é unha desas sobremesas que nos transportan á nosa infancia. Descubre como facer un realmente espectacular e sabroso

80 minutos 8 comensales

O Nadal é un tempo feliz. De reencontros, reunións, risas e agasallos. Pero tamén de comidas extraordinarias, ceas sofisticadas e merendas doces.

Este tronco de Nadal é unha desas sobremesas ricas e entrañables que nos transportan a nosa nenez, a eses días en que as panxoliñas soaban, os escaparates se iluminaban e mamá non nos rifaba por abarrotarnos de turrón. Sen dúbida, este tronco doce de Nadal é absolutamente irresistible así que , ¡goza del sen remordementos¡

A ocasión o merece. Lembra…¡É Nadal¡

Tronco de Navidad

Algúns trucos para bordar o tronco de Nadal

  1. Non deixes o biscoito no forno máis de 10 minutos (mellor se é un ou dous minutos menos). En caso contrario, cociñarase máis da conta e romperase ao dobralo.
  2. O tronco de Nadal admite calquera recheo. ¿Qué tal crema en lugar de nata?
  3. Se sodes moitos á mesa, fai dous troncos con diferentes recheos. Ademáis de poder probar dúas versións distintas, permitirache xogar moito á hora de decorar. Se os curtas en anacos, poderás simular un decorado rústico.
  4. Cando decores coa cobertura, non te esmeres moito para que quede igualada, pois debe imitar a cortiza das árbores, coas súas característicias imperfeccións. Podes darlle un acabado máis natural facendo fendas cun garfo.

Ingredientes

  • Para o biscoito: 4 ovos Pazo de Vilane a temperatura ambiente
  • 120 g de azucre
  • 1 culler de esencia de vainilla
  • 1 pizca de sal
  • 60 g de fariña
  • 30 g de cacao en po
  • 30 g de fariña de millo ou
  • Para o ganache de chocolate (cobertura)
  • 200 ml de nata líquida para montar
  • 50 g de manteiga sin sal
  • 200 g de chocolate negro
  • Para o recheo: Un frasco de marmelada de Pazo de Vilane (arandos, fresas ou froitos do bosque)
  • Nata para montar ben fría.

Elaboración

  1. Prequece o forno a 175º.
  2. Comeza polo biscoito. Coloca nun robot de cociña os catro ovos co azucre, a vainilla e a sal e mete as baleas eléctricas. Bate a velocidade máxima durante 10-15 minutos, ata que monten moi ben.
  3. Mentres, tamiza todos os ingredientes secos do biscoito: a fariña, o cacao e a fariña de millo. Mestura ben entre eles.
  4. Cando a masa estea firme, incorpóraos en tres quendas, sempre con coidado e con movimentos envolventes, para que non perda aire.
  5. Verte sobre a bandexa do forno, forrada co papel. Procura que quede ben repartida, para que suba por igual e quede un biscoito delgado pero flexible.
  6. Leva ao forno uns 8 minutos; nunca máis de 10 minutos ou se romperá.
  7. Mentres, prepara un pano de cociña limpo e espolvoréalo con azucre glas e cacao en po (isto evitará que se pegue o biscoito).
  8. Sácao do forno e envórcao no pano, co papel de enfornar na parte superior. Retírao con coidado, volve a espolvorear azucre e cacao, e inmediatamente enrola o pano sobre él. Deixa arrefriar enrolado.
  9. Prepara o ganache ou cobertura do tronco. Quenta e dilúe a nata e a manteiga ata o punto de fervor (non máis) e verte sobre o chocolate negro en anacos.
  10. Deixa repousar en quente uns minutos e bate a man, con baleas. Conserva tapado con papel filme (en contacto coa superficie, para que non se forme costra).
  11. Para o recheo, monta a nata ben fría, engadíndolle se queres un pelín de azucre.
  12. Desenrola o biscoito e estende a marmelada, pero deixando sen cubrir unha franxa duns cinco centímetros nunha das marxes. Fai o mesmo coa nata montada.
  13. Enrola con coidado-comezando pola parte con recheo e terminando pola limpia-e coloca o corte cara abaixo, para que se asente o rolo e quede ben pegado.
  14. Decora cortándoo e colocando os anacos como se foran troncos amontoados.
  15. Cando o ganache se arrefríe cubre todo o tronco (menos os cortes, para que se vexan as líneas concéntricas).
  16. Lévao ao frigo ao menos tres horas. Decora con motivos do Nadal antes de servir.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade