Quen dixo que comer peixe era aburrido? Esta receita de tortilla de pescada ten como vantaxe que ademais pode facerse cos anacos de peixe que che sobraran doutro día. Hai que aproveitar todo como bos cociñeiros que somos. Entre a rica pescada e os nosos ovos camperos quedarache unha preparación deliciosa, ideal para calquera día do ano. Vaiche sacando os ovos de Pazo de Vilane e ao choio! As cantidades propostas son para catro comensais.
Ingredientes
- 8 ovos de Pazo de Vilane
- 200 g de pescada limpa
- 2 culleradas de aceite de oliva
- 1 cullerada de ceboliño picado
- Sal
- Pementa moída
Elaboración
- Comeza lavando a pescada. Secámola con papel absorbente e partímola en anaquiños. Mentres, quenta o aceite nunha tixola ao lume. Fritimos a pescada durante un par de minutos. Sacámola e escorrémola.
- Bate os ovos, de dous en dous, para ter 4 tortillas. Salpimentamos e repartimos a pescada entre os batidos de ovos.
- Nunha tixola, co aceite de fritir a pescada, callamos a mestura. Dourámola por ambos os lados.
- E cando a vaiamos a servir, espolvoreamos inmediatamente o ceboliño picado.