Pescada en salsa verde

A receita para preparar pescada en salsa verde resultará moi sinxela se segues os pasos que che indicamos en Pazo de Vilane. Acompáñanos!

30 minutos 4 comensales

A pescada en salsa verde é xa todo un clásico dos fogares españois. Ao tratarse dun peixe que adoita abundar e é económico, a pescada é máis fácil de conseguir. O problema é que ás veces faltan ideas de como preparalo pero isto xa ten solución con esta rica receita que che deixamos.

Que non te engane a sinxeleza da súa elaboración, tampouco os poucos e básicos ingredientes que require. Esta receita necesita a materia prima de calidade converténdoo nun prato de luxo cuxo son un sabor espectacular. A receita orixinal leva soamente pescada, pero pódese engadir ameixas, chícharos, espárragos brancos ou ovo duro en cuartos combinando estes ingredientes. Como sempre, nós poñemos as receitas, ti pos a cretividade e o teu gusto.

Receta de merluza con salsa verde de Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 4 ovos campeiros de Pazo de Vilane
  • 8 toros de pescada
  • 200 g de chícharos
  • 200 ml de caldo de peixe
  • Un vaso de viño branco
  • Una lata de espárragos
  • 2 dentes de allo
  • Perexil
  • Aceite
  • Sal
  • Fariña

Elaboración

  1. Lavamos os anacos de pescada para quitar impurezas e secámolos con papel de cociña. Salgamos e reservamos.
  2. Nun cazo pequeno poñemos os catro ovos a cocer 10 minutos. Retiramos e pelamos.
  3. Picamos os allos e o perexil. Nunha cazola botamos aceite e allos e damos voltas para que non se douren. Engadimos dúas culleradas de fariña e o viño branco e revolvemos.
  4. Cando a mestura estea homoxénea, botamos o caldo de peixe quente, un pouco de sal e o perexil picado. Ao romper a ferver, engadimos a pescada e os chícharos.
  5. Deixamos que se pasen os toros 2-3 minutos por cada lado e retiramos do lume.
  6. Para servir o prato, partimos os ovos de Pazo de Vilane en anacos lonxitudinais e poñemos os espárragos por encima das rodaxes de pescada. Aderezamos coa salsa verde. Delicioso!