Ovos recheos con atún

Queres saber como preparar ovos recheos de atún? Presentamos unha receita que te conquistará.

25 minutos 4 comensales

Os ovos campeiros de Pazo de Vilane sempre están ricos pero con esta receita de ovos recheos de atún, máis. É moi sinxela de realizar e necesitas poucos tempo para preparalos así que é ideal para sacarche dun apuro  se aparece unha visita inesperada. Contamos todo sobre como facelos para que queden riquísimos. Para empezar, hai que cocer ben os ovos e, como ben sabemos, con 10 minutos quedarán no seu punto perfecto. 

 

Receta de huevos rellenos de Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 8 ovos medianos de Pazo de Vilane
  • 200 g de atún en aceite
  • 4 culleres de tomate frito
  • 10 olivas recheas de pemento
  • 1 cullerada de maionesa

Elaboración

  1. Cocemos os ovos campeiros de Pazo de Vilane en auga fervendo durante 10 minutos. Deixalos arrefriar e pelalos. A continuación cortámolos pola metade en sentido lonxitudinal.
  2. Extrae con coidado as xemas e poñer a metade nun cunco, esmagándoas cun garfo ata deixalas feitas unha pasta (reservar o resto).
  3. Migamos o atún. Engadímolo xunto co tomate frito ás xemas esmagadas e mestúrase todo.
  4. Enchemos con esta mestura as metades dos ovos. Cubrimos os ovos coa maionesa e decoramos coas olivas cortadas en añacos.