Unha torta de chocolate, rechea de chocolate e marmelada e cuberta de chocolate. Unha delicia! Perfecta para os amantes do chocolate.
Ingredientes
- 6 ovos de Pazo de Vilane
- 100 gr de manteiga
- 100 gr de améndoas peladas
- 100 gr de azucre glas
- 100 gr de azucre
- 65 gr de cacao puro en po
- 100 gr de fariña
- 10 gr de fermento
- 300 gr marmelada de albaricoque
- 100 ml de nata para montar (Para a cobertura)
- 130 gr de chocolate para fundir (Para a cobertura)
- 20 gramos de manteiga (Para a cobertura)
- 3 culleradas sopeiras de auga (Para a cobertura)
Elaboración
- Comezamos preparando o biscoito. O primeiro será tostar as améndoas a lume lento nun tixola uns 5 minutos.
- Unha vez tostadas as améndoas, trituramos ata que se fagan po e reservámolas.
- Prequenta o forno a 170º C mentres preparamos o biscoito. Nun cunco comezamos mesturando a manteiga e o azucre.
- Separa as xemas das claras. Pon as claras nun cunco grande e o azucre glas e mestura ao punto de neve.
- Engadimos as xemas e as améndoas en po e seguimos batendo. Continuamos engadindo o cacao en po.
- Engadimos ao cunco as claras montadas e mesturando con movementos envolventes. Agregamos a fariña tamizada e o fermento.
- Untamos o molde con manteiga e fariña. Vertemos a mestura e deixámolo repousar 10 minutos. Enfornamos a 180º durante 35 minutos.
- Mentres deixamos arrefriar o biscoito, poñémonos coa cobertura. Nunha cacerola poñemos a nata, o chocolate e a manteiga. Que se derreta por completo. Agregamos as culleradas de auga e seguimos mesturando.
- Abrimos pola metade o biscoito e enchémolo de marmelada de albaricoque, poñemos unha capa de marmelada fina ou grosa, iso depende do gusto de cada un. Pechamos e cubrimos coa cobertura de chocolate.