Tiramisú con marmelada de framboesa Pazo de Vilane

Aprende a preparar este delicioso tiramisú en compañía dunha magnífica marmelada de framboesas do Pazo de Vilane Delicioso coma ningún outro

25 minutos 4 comensales

¿A quén non lle gusta o tiramisú caseiro? É imposible atopar un só larpeiro que diga o contrario. O tiramisú é unha desas sobremesas italianas vistosas e sinxelas que sempre saen ben e ao que podes recorrer cando tes unha visita, porque gusta a todos e porque ten unha presentación espectacular.

Nesta ocasión versionamos o clásico tiramisú e fixémolo á maneira do Pazo, facendo unha homenaxe ás framboesas que cultivamos nas nosas terras e coas que elaboramos as nosas marmeladas caseiras.

Nesta sobremesa notarás ao primeiro bocado a untuosidade do queixo cremoso, a acidez das framboesas, a dozura da marmelada e os deliciosos biscoitos empapados en todos os mollos. Unha delicia. ¡Xa verás que deliciosa combinación de sabores e texturas¡.

Tiramisú de frambuesas

Que facer e que non cando elaboras tiramisú caseiro

  • Calquera reposteiro italiano repetiríacho unha e mil veces: a calidade dos ingredientes é o principal factor do éxito desta sobremesa. Elixe o mellor queixo cremoso (mellor se é mascarpone) e framboesas de boa calidade.
  • Podes facer na casa a marmelada coa froita de tempada, pero se non tes tempo ou non te queres lear demasiado, podes comprar a nosa marmelada caseira de framboesa na nosa tenda en liña. Xa sabes que a elaboramos en partidas pequenas e cunha receita tradicional.
  • Punto e aparte dedicamos ao capítulo dos biscoitos de soletilla: merece a pena, e moito , que os compres caseiros. Se non os atopas na túa pastelería habitual, proba a encargalos. O teu tiramisú gañará moitos enteiros.

Ingredientes

  • ½ cunca de manteiga de cacahuete
  • 220 gramos de queixo cremoso
  • 1 y ¼ de cunca de azucre glas
  • 1 culleradiña de esencia de vainilla
  • 1 cunca de crema
  • ½ cunca de marmelada de framboesa Pazo de Vilane
  • 14 biscoitos de soletilla
  • 4 cuncas de framboesas
  • Cacao en pó

Elaboración

  1. Coa axuda dunhas baleas eléctricas, bate a manteiga de cacahuete, o queixo crema, o azucre glas e media cunca de crema ata que logres unha consistencia homoxénea.
  2. Engade o resto da crema e bate de novo durante 2 minutos.
  3. Nun cunco aparte, bate a marmelada con ⅓ da cunca de auga. Vaite quedar un pouco líquida.
  4. Engade 3 culleradas desta mestura no fondo dun molde rectangular.
  5. Pon agora unha capa de biscoitos e por riba outra de marmelada.
  6. A continuación, engade a metade da masa batida e reparte 2 cuncas de framboesas (para formar outra capa).
  7. De novo , cobre con biscoitos.
  8. Unha vez máis, pon marmelada e coloca o resto da masa batida.
  9. Tapa o molde con filme e méteo na neveira, ao menos 8 horas.
  10. Retira o plástico, coloca as framboesas restantes e esparexe o cacao en po (vas facelo moi ben cun colador.
  11. Para finalizar, espolvorea con azucre glas.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade