Presentámosche a receita de Exquisiña, a torta de queixo galega por excelencia, a única e verdadeira elaborada cos mellores alimentos que nos proporcionan o campo galego.
E é que Exquisiña está baseada en tres ingredientes inmellorables: os ovos camperos de Pazo de Vilane de galiñas que pastan en liberdade tódolos días do ano, a nata de vacas galegas de Feiraco, elaborada naturalmente e o queixo crema de Quescrem, coa materia graxa máis pura.
A receita foi diseñada polos chefs Lucía Freitas da Tafona (Santiago de Compostela) e estrella Michelín, e Pablo Gallego, do restaurante do mesmo nome na A Coruña, polo encargo das tres empresas colaboradoras. O obxectivo último é sumar forzas e revalorizar os bos alimentos que proporciona o rural galego.
Exquisiña é unha torta de queixo esponxosa , cunha textura “ como de nube” lixeiramente doce-nada “empalagosa”-e cun sabor no que fácilmente se distinguen os ovos, a nata e o queixo cremoso. Auténticamente deliciosa…ou exquisiña, como o seu propio nome indica.
Corre e compra estes produtos na túa tenda habitual e non tardes moito en preparala, porque a partir de agora a torta de queixo galego vaite facer famoso.
Por qué é distinta Exquisiña (e por qué te encantará)
- Exquisiña é distinta porque só leva ingredientes producidos no campo galego baixo estritos criterios de benestar animal: tanto as galiñas que poñen os ovos como as vacas das que se extrae a leite da que finalmente se obterán a nata e o queixo pastan en liberdade a diario, nos verdes pastos galegos.
- Non leva case azucre, e ten un toque de mel galega. Por iso non é nada “empalagosa”. ¡Coidado, é aditiva¡
- A súa textura é “como de nube” gracias ao volumen que lle proporcionan as claras dos ovos camperos montadas á punto de neve. Notarás ese leve ruxido ao meter á culler...e dende logo saberás que esta torta de queixo é “ algo distinto” en canto se funda na túa boca. ¡Gózaa¡
Ingredientes
- 400 g de queixo crema Quescrem
- 400 g de nata Feiraco
- 9 ovos camperos Pazo de Vilane
- 30 g de mel
- 80 g de azúcre (40 g + 40 g)
- 6 hojas de xelatina
- 1 pouquiño de sal
Elaboración
- Pon a hidratar as xelatinas en auga con xeo.
- Separa as xemas das claras e reserva estas últimas.
- Nun cazo, quenta a lume lento a metade da nata (un brick) coa metade do azucre (40g) e a mel. Remove.
- Cando a mestura estea tépeda, saca as xelatinas da auga, sécaas moi ben cun papel de cociña e engádeas, ata que se derretan por completo. Segue movendo e non deixes que ferva.
- Aparte, pon nun bol grande as dúas terrinas de queixo crema e engade a mestura quente anterior, Bate todo coa batedora de baleas.
- Incorpora as xemas do ovo xunto co otro brick de nata fría.
- Agora, axudándote coa batedora , monta ben as claras reservadas a punto de neve, engadindo o resto do azucre (40 g) e un pouquiño de sal.
- Cando as claras estean listas, engádeas á masa en tres quendas e con coidado, realizando movimentos envolventes cunha paleta de lingua.
- Prequece o forno a 165º. Mentres, rocía lixeiramente o fondo dun molde de 22 cm cun espray de aceite de oliva e verte amodo a mestura.
- Prepara unha bandexa de forno con auga, pon o molde encima e fornea 35 minutos a 165º.
- Transcorrido este tempo, saca do forno e desmolda cando se arrefríe.