Permítete imaxinar por un momento un almorzo rural nunha fermosa casa solarenga das terras do norte, con vistas a un prado verde que se perde pouco a pouco no horizonte. Fóra fai frío, pero a ti iso non che importa, porque acendiches a cheminea e estás gozando xunto aos teus do mellor sobao pasiego que probaches en toda a túa vida.
Móllao no café, dálle un bocado e distingue entre todos os seus matices o magnífico recendo do leite fresco e dos ovos caseiros. Mentres o saboreas, case podes escoitar o mugido das vacas e o correteo das galiñas polos campos do Pazo, tan felices como ti mentres desfrutas da súa xenerosa ofrenda.
¡Esperta! Seguimos aquí e imos facer realidade esta marabillosa ensoñación cunha receita de sobaos pasiegos que te transportará, mentres a cociñas, a probas e a compartes, á esencia máis pura da natureza.
Queres viaxar ao norte co padal? Pois imos alá, que os teus van quedar coa boca aberta cando proben estes cremosos sobaos.
3 truquiños para un sobao pasiego auténtico
Segue os consellos que che damos a continuación para lograr uns sobaos pasiegos dignos do mellor obradoiro.- Emprega manteiga de calidade. Gran parte do sabor deste biscoito dependerá desta elección. Opta por unha boa manteiga a temperatura ambiente. Se é do norte, mellor ca mellor! Así poderás achegarte aínda máis ao resultado orixinal.
- Asegúrate de utilizar ovos caseiros de galiñas criadas con agarimo, nun ambiente axeitado, como os ovos do Pazo de Vilane (localiza aquí a túa tenda máis próxima, podes mercalos en toda España). Os ovos son outro ingrediente clave para que a receita saia deliciosa. Potencian o sabor, dan zumentude á masa e, ademais, achegan ao sobao esa cor douradiña que o fai aínda máis apetecible.
- Controla o tempo de forneado e a temperatura. É fundamental quentar previamente o forno a 180º con calor abaixo para que os teus sobaos queden perfectos. Déixaos uns 15 minutos e evita abrir a porta mentres se cociñan. Se o fas, poderían afundirse!
Ingredientes
- 3 ovos caseiros do Pazo de Vilane
- 250 g de manteiga a temperatura ambiente
- 180 g de azucre branco
- 210 g de fariña de trigo
- 1 culleradiña e ¼ de lévedo
- Sal
- Raiadura dun limón
Elaboración
- Quenta previamente o forno a 180 graos con calor só por abaixo.
- Nun bol, engade a manteiga a temperatura ambiente e bate cunhas variñas ata que estea cremosa. Incorpora o azucre e segue batendo ata que case se disolva por completo. Este paso levarache uns 3-4 minutos
- Engade os ovos un a un, asegurándote de que cada un quede ben integrado antes de engadir o seguinte.
- Nun bol aparte, mestura a fariña, o lévedo e o sal. Engade a metade desta mestura á preparación dos ovos e bate de novo coas variñas. Fai o mesmo coa outra metade. Por último, incorpora a reladura de limón, remexe uns segundos máis… ¡e listo!
- Bota a masa nunha manga pasteleira e enche os moldes un pouco máis da metade.
- Mete os sobaos no forno prequentado durante 15 minutos, ata que vexas que a parte superior está dourada.
- Unha vez listos, déixaos repousar nunha reixa ata que arrefríen por completo.