Shortbreads con marmelada de amorodos

Os shortbreads ou shortbreads ingleses son unha das maiores delicias da Terra para os amantes do doce de todas as raias. Descúbreos!

50 minutos 6 comensales

As “shortbreads” ou galletas inglesas de manteiga son uns dos praceres máis grandes da Terra para golosos de toda índole.

Neste caso, readaptamos a receita tradicional británica para convertela en parte dunha deliciosa e sinxela torta de masa fina, desas que podes atopar nas coidadas confeiterías das aldeas da campiña inglesa.

Cun anaco desta fina torta nunha man, unha taza de café ou té na outra e un bo libro sobre os xeonllos, as tardes de chuvia ( a través dos cristais) son todo un descanso para o alma. Próbao… e xa nos contarás.

Shortbreads con mermelada

Cómo facerche famoso polas túas shortbread

  • Se de verdade queres gañarche fama coas túas shortbreads, é imprescindible que elixas a mellor manteiga do mercado. Nös recomendámosche as manteigas do norte de España: as galegas ou asturianas son excelentes. De pequenas explotacións e que respecten ao máximo o benestar animal.
  • Por suposto, os ovos deben ser excelentes, como os nosos, fresquísimos e postos polas galiñas de pastoreo diario en liberdade.
  • Respecta os tempos de repouso, son fundamentais para que a masa gañe corpo e para que o sabor e a textura resulten deliciosamente mantecosos.
  • Asimesmo, é preferible que deixes repousar a torta ao menos unha noite.¡Verás cómo gaña moitísimo¡.
  • Podes usar como recheo a nosa nova marmelada de amorodos (elaborada só con amorodos da comarca da Ulloa, zumarentas como poucas) ou tamén con outras más acedas, como a de framboesas, a de arandos ou a de frutos del bosque. Telas a túa disposición na nosa tenda en liña enliña

Ingredientes

  • 100 g azucre glas
  • 200 g manteiga fría
  • 300 g fariña
  • 1 pouco de cravo molido
  • 3 ovos camperos Pazo de Vilane
  • Rela a pel dun 1 limón mediano
  • 380 g de marmelada de amorodos Pazo de Vilane
  • 60 g de azucre glas
  • 1 pouco de vainilla
  • 50 g de alméndoas laminadas e tostadas

Elaboración

  1. Prequenta o forno a 180º.
  2. Amasa a fariña coa manteiga, o azucre glas, o chisco de cravo e a reladura do limón.
  3. Engade un ovo Pazo de Vilane e forma unha masa homoxénea. Reserva tapada na neveira media hora.
  4. Divide a masa en tres partes e esténdeas formando tres rectángulos duns 12 cm x 36 cm.
  5. Ponos na bandexa do forno, revestida con papel e mete no forno uns 17-20 minutos a 180º.
  6. Sácaas e cobre dúas das láminas coa marmelada de amorodos de Pazo de Vilane. Ponas unha por riba da outra e cobre coa terceira. Deixa arrefriar uns 10 minutos.
  7. Mentres, bate as dúas xemas dos ovos restantes, o azucre glas e o chisco de vainilla de 5 a 6 minutos. Verte esta crema sobre a capa superior da torta de shortbreads e espolvorea con alméndoa.
  8. Volve a meter a torta ao forno a 110º ata que a crema se seque. Sácaa e córtaa, pero gárdaa tapada na neveira ata o día seguinte.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade