Revolto de allos, cogomelos e gambóns

Una receta tan rica como completa con huevos camperos, marisco, verduras y setas

10 minutos 4 comensales

Apúntate a esta receita de allos, cogomelos e gambóns, porque é tan fácil como rica e compreta. Tardarás menos de 10 minutos en facela, e pode servirte tanto de segundo lixeiro e san como de prato único de luxo nunha cea espectacular.

Os revoltos de ovos camperos son tan versátiles como as tortillas, e por riba teñen a ventaxa de que non hai que coidar tanto do aspecto final do prato ou da súa execución. Só hai que seguir uns sinxelos consellos- que máis abaixo te proporcionamos— E terás o éxito asegurado¡

5 Consellos fáciles para facer o mellor revolto de allos, cogomelos, e gambóns

  • Os allos e os cogumelos (ou calquer outra verdura que botes) deben ser moi frescos, de tempada, ou o prato perderá aroma.
  • O revolto adquirirá máis matices se mesturas diferentes tipos de cogumelos e champiñóns: portobello, níscaros, boletus, cogumelos de cardo, rebozuelos…
  • Os gambóns poden ser conxelados, aínda que o prato mellorará moito se son frescos.
  • Os ovos deben ser camperos, recén collidos, de galiñas criadas en liberdade, como as de Pazo de Vilane, e alimentadas con pastos verdes galegos. O sabor a campo nótase… e moito.
  • Retira a tixola do lume instantes antes de que se cuallen os ovos Terminarán de facerse co calor residual e o prato quedará moito máis xugoso.
 

Ingredientes

  • 4 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 1 dente de allo
  • 300 gr. de cogumelos de tipos variados
  • 6-7 gambóns (poden ser conxelados)
  • 150-200 gr. de allos
  • Un chorriño de aceite de oliva
  • Una pizca de sal

Elaboración

  1. Lava e pica en trozos pequenos os allos e os cogumelos.
  2. Pon unha tixola ao lume medio e bótalle un chorriño de aceite.
  3. Cando esté quente o aceite engade os allos e os cogumelos e dóraos.
  4. Unha vez perdan a súa auga e estén dorados, engade os gambóns troceados.
  5. Bota un chisco de sal e rela o dente de allo.
  6. Mestura todo un pouco e casca os catro ovos directamente, sobre as verduras e os gambóns na tixola.
  7. Remove rápido e espera a que cualle o ovo.
  8. Retira e serve en canto o revolto esté listo, se esperas demasiado pode quedarse seco.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade