Quiché de verduras con ovos camperos

50 minutos 4 comensales

¿Invitados inesperados? Non o dubides, unha “quiche” de verduras soluciónache a “papeleta” de forma rápida, barata e moi sinxela.

Nós fixemos esta “quiche” coas verduras que tiñamos no caixón da neveira, pero ¡palabra¡ admite todo o que teñas: touciño, xamón dulce, atún, chourizo, espárragos , brócoli , allos tenros…

Apúntate esta receita imprescindible con ovos camperos, porque a probarás… e repetirás.

Quiche de verduras

Trucos que nunca che contaron sobre a “quiche” e os ovos camperos

  • Os ovos deben ser camperos, de galiñas criadas en liberdade en pastos verdes todo o ano, como os prados lucenses de Pazo de Vilane. O sabor “ a campo” dos ovos nótase e moito.
  • Ë importante bater ben os ovos, a “quiche “ subirá máis e saldrá máis esponxosa e grosa.
  • Ten en conta as proporcións. Para esta cantidade de ovos (2) o molde que mellor casa é un de 22 a 24 cm.
  • Ao axustar a masa quebrada ao molde, non esquezas cortar o sobrante que soe quedar ao redor e darlle forma cun garfo.
  • ¿Queres un truco de chef? Fríe unhas follas de espinacas en abundante aceite quente, ata que queden crocantes. Sécaas en papel absorbente, sálaas e colócaas modo de “chips” por riba da “quiche” cando esté totalmente terminada.

Ingredientes

  • 1 rollo de masa quebrada
  • 1 chorriño de aceite de oliva
  • 2 ovos camperos e a clara doutro.
  • 1 brick de 200 ml de nata para cociñar
  • 1 chisco de manteiga para o molde
  • ½ vaso de leite de 100 ml
  • 1 cebola
  • 1 allo porro
  • 1 zanoria
  • ½ calabacín
  • 1 feixe de espinacas
  • 1 rulo de queixo de cabra
  • 1 chisco de pimenta
  • 1 chisco de sal
  • Tomiño, ourego, romeu

Elaboración

  1. Coloca a masa quebrada nun molde (engrasado previamente con manteiga). Pincha cun garfo e coloca encima uns garavanzos, para que teña peso e non suba no forno.
  2. Pon o forno a 180º (calor arriba e abaixo) uns 10 minutos, o xusto para que estea un pouco crocante. Sácao do forno, retira os garavanzos e reserva.
  3. Corta a cebola en tiras finas e o calabacín e o allo porro e a zanoria en trociños moi pequenos.
  4. Saltea a cebola e o calabacín cun chorriño de aceite a lume medio. Sala e reserva.
  5. Na mesma tixola (engade aceite se é necesario), saltea asimesmo o allo porro e a zanoria cun chisco de sal. Cando case estén as verduras, engade pimenta, un puñado de tomiño, ourego e romeu picados e mestura ben.
  6. Nun bol , bate moi ben dous ovos enteiros cun pouco de pimenta. Engade a nata e a leite, rectifica de sal e engade todas as verduras anteriores.
  7. Verte con coidado a mezcla anterior sobre o molde coa masa xa previamente forneada, procurando que todas as verduras se repartan por igual.
  8. Pinta coa clara de ovo batida os bordos da “quiche”.
  9. Corta en toros un pouquiño grosas o rulo de queixo de cabra e méteas (empuxándoas ata o fondo). Podes engadir por encima outro queixo relado que funda ben, como o “cheddar” ou o “gouda”.
  10. Mete a “quiche” no forno uns 25-30 minutos, a 180º, calor arriba e abaixo. Estará feita en canto a masa estea tostada e crocante.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade