Para elaborar esta sobremesa non é necesario ser un experto cociñeiro. Tan só necesitas ter os ingredientes e dedicarlle uns 15 minutos á elaboración. Perfecto, verdade? Pois vete abrindo a neveira e preparando todo para cociñar uns deliciosos pasteis de plátano. Esta sobremesa é moi sinxela de realizar e ademais leva un extra de sabor, o que lle proporciona a marmelada de arandos que elaboramos de forma artesanal en Pazo de Vilane.
Ingredientes
- 1 ovo de Pazo de Vilane
- 4 culleradas de marmelada de arandos de Pazo de Vilane
- 2 plátanos grandes
- 1/2 limón
- 200 g de follado conxelado
Elaboración
- Deixa o follado un intre a temperatura ambiente para que se descongele. Enfariña mentres unha mesa e estira a masa cun rodete ata que estea ben fina.
- Pela os plátanos e quita as hebras de ao redor. Espreme o limón e rega os plátanos co zume.
- Divide o ferro de follado en 4 anacos e bate o ovo.
- Corta os plátanos pola metade e envolve cada porción cun anaco de follado, pegando os extremos con ovo batido.
- Coloca os pasteis nunha placa de forno, úntaos co ovo batido restante e méteos no forno medio-forte, durante 15 minutos.
- Retira e déixaos arrefriar a temperatura ambiente. E a probalos!