Ovos á Florentina

Traémosche un prato moi nutritivo e rápido de facer. Esta receita de ovo florentino sorprenderache polo seu sabor e sinxeleza

30 minutos 4 comensales

Qué ricos están os pratos con bechamel, verdura e ovos. En Pazo de Vilane temos a nosa propia horta, e cando é tempada encántanos cociñar espinacas de distintas maneiras. Unha delas son os ovos á florentina. E é que tendo os ovos das nosas galiñas camperas e as verduras frescas tan a man.. ¿Quén se resiste?
Tí tamén podes facer esta receita na casa, e en apenas 20 minutos. Elixe un bo feixe de espinacas, unha caixa dos nosos ovos e corre a túa cociña a preparala.

Os ovos á florentina son verdadeiramente sinxelos, sanísimos e completos. Se non tes moito tempo, pode ser un prato único moi nutritivo. ¡Anímate a preparalo¡.

Huevos a la florentina

Algunhos trucos para uns ovos á florentina de rechupete

  • Podes usar queixo relado parmesano ou de outro tipo, ou incluso unha mestura de ambos, un para fundir coa bechamel o e outro para gratinar, engadíndoo sobre os ovos.
  • Se sodes moitos, irás máis rápido se preparas esta receita nunha bandexa grande de barro, ainda que é certo que os cuncos individuais teñen un toque “de restaurante” que nos encanta.
  • As espinacas poden ser conxeladas, pero o prato perde sabor. Agora ben, se te decides, desconxélaas primeiro e escúrreas antes de fritilas.
  • O tempo de forno depende sempre do teu forno, e dos teus gustos (máis ou menos callado)
  • Un truquiño para nenos: se metes o batedor no momento en qué a bechamel estea feita, desaparecerán os trociños de espinacas da vista e terán menos obxeccións na mesa.

Ingredientes

  • 4 ovos campeiros Pazo de Vilane
  • 100 g de espinacas
  • 60 g de manteiga
  • 60 g de fariña de fillo
  • 500 ml de leite enteira
  • 100 g de queixo relado parmesano
  • 1 cebola
  • Sal y pimienta

Elaboración

  1. Quece o forno a uns 230º
  2. Nunha pota, pon a derreter a manteiga a lume medio. Despois engade a cebola pelada e ben picadiña. Salpimenta.
  3. Fríe a cebola uns 3-4 minutos sen deixar que se te queime.
  4. Engade as espinacas lavadas e en anacos pequenos cun pelín de sal e fríe un par de minutos.
  5. Engade a fariña e remove ben cunha culler de madeira para que se fría a fariña. Baixa o lume se ves que se pode queimar.
  6. Agora, verte a leite e segue removendo. Se é necesario, usa unhas baleas para que non salgan grumos.
  7. É o turno do queixo relado; non deixes de remover ata que a bechamel espese.
  8. Serve en cada cunco de barro unha cullerada desta bechamel e despois casca un ovo en cada un. Salpimenta.
  9. Mete ao forno a 230º durante 10 minutos (ou menos, se ves que a clara do ovo xa callou) Serve quente.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade