En Pazo de Vilane somos moi fans das natillas. E é que son desas sobremesas que nós chamamos “universais” , porque lle gustan a todo o mundo, son moi fáciles de elaborar e aínda por riba, moi nutritivos.
¿Te na casa a nenos, anciáns ou enfermos inapetentes? Proba a darlles unhas natillas. Ovos, leite , vainilla, limón e fariña….¡Son pura dinamita nutricional?
Os trucos de Pazo de Vilane para unhas natillas perfectas
- Sairánche sen grumos se bates moi ben ao facer a primeira mestura de xemas, azucre e fariña de millo. Nós sempre as elaboramos nun tazón, porque o roce entre as paredes e a culler ou baleas axudan a disolver ben todos os ingredientes.
- É importante que traballes a lume medio ou incluso lento; non deixes que fervan.
- A textura fina (dunhas natillas espectaculares) as conseguirás cun paso final. Ou sexa coándoas cun tamíz ou chinés.
- A nós encántanos coronar as natillas cunha galleta, mellor se é caseira. Colócaa xusto cando empecen a cuallar, despois de servilas nos seus cuncos.
- A canela volvénos loucos, se é ese o teu caso, non dubides en engadila como toque final. Xa sabes que a canela e a vainilla lévanse de marabilla.
- ¿Te na casa a nenos, anciáns ou enfermos inapetentes? Proba a darlles unhas natillas. Ovos, leite , vainilla, limón e fariña….¡Snn pura dinamita nutricional?
Ingredientes
- 1 l. y ½ leite
- 6 xemas de ovo
- 6 culleradas sopeiras de azucre (colmadas)
- A cáscara dun limón
- 2 barras de vainilla
- 1 cullerada sopeira de fariña de millo.
Elaboración
- Coce o leite con 4 culleradas de azucre e a casca do limón.
- Á parte, bate as 6 xemas, as 2 culleradas de azucre e a cullerada de fariña.
- Cando o leite faga burbullas nos bordes, baixa un pouco o lume.
- Sen deixar que ferva, bota moi aos poucos unhas culleradas desta mestura (a da cazola) no tazón, movendo moi ben.
- Unha vez ben ligada esta mestura, verte o contido do tazón na cazola, e non pares de dar voltas cunha culler de madeira, para evitar que ferva.
- Segue removendo ata que a escuma que se formou na superficie desapareza.
- Cóaas cun colador de buracos grandes (un chinés, por exemplo).
- Vérteas directamente nos cuncos onde queiras servilas e méteas na neveira.