Queres unha merenda rápida para os nenos? Apetéceche un capricho doce para o café? Tarde chuviosa sen ningún aliciente? Se tes 3 minutos, unha cunca de louza apta para o microondas, e un ovo campeiro, xa tes a solución con este riquísimo mug cake de limón.
Non crerás o rápido que se prepara e o esponxoso e rico que sae! Se che gusta o toque acedo do limón, este bizcoito namorarate.
Palabra!
Como facer un mug cake de limón en menos de 3 minutos
- Os mug cakes son biscoitos que, como o seu propio nome indica, prepáranse en cuncas anchas de almorzo, as famosas “ mug”. Existen moitísimas variacións do mug cake, todas elas deliciosas.
- Non fai falta experiencia na cociña de ningún tipo; tardarás case o mesmo en facerte un té ou un café.
- O tempo de microondas para este mug cake varía segundo o modelo. Observa como sobe e parao en canto vexas que está listo.
- Se non queres engadir moito azucre, prescinde do glaseado final; o biscoito seguirá tendo un suave toque a limón irresistible. E se che gusta o contraste de sabores, proba a derretir un pouquiño de chocolate negro e botalo por encima… Sinxelamente delicioso!
Ingredientes
- 1 ovo campeiro Pazo de Vilane
- 2 culleradas de fariña
- 2 culleriñas de azucre
- 2 culleradas de aceite de xirasol
- ½ culleriña de fermento en po
- ½ cullerada de sal
- Raiadura de casca de limón
- Glaseado:
- 1 limón (o seu zume)
- 2 culleriñas de azucre glas
- 1 chorriño de auga
Elaboración
- Nunha cunca de louza apta para o microondas, casca un ovo campeiro Pazo de Vilane.
- Engade dúas culleradas de fariña.
- A continuación, 1 ou 2 culleriñas de azucre e 2 culleradas de aceite de xirasol.
- Por último, ½ culleriña de fermento en po, ½ culleriña de sal e raiadura de limón.
- Báteo todo cun garfo.
- Leva ao microondas 2 minutos a 800 W (ou menos, depende do teu micro).
- Mentres, nun cunco pequeno, bate 2 culleriñas de azucre glas cun chorriño de auga e outro de limón. Debe quedarche unha textura máis ben espesa.
- Saca o mug cake de limón do micro e baña a superficie con este glaseado. Listo!