É o almorzo delicioso cheo de proteínas saudables (as do ovo campero) que recarga de enerxía o teu cerebro. Tómate uns ovos benedictinos pola mañá-con calma, gozando dese momento sen presas, ainda que teñas que madrugar un pouco máis, e verás como afrontas o día doutra maneira.
¿Sabías que o ovo campero contén vitaminas como a B5, B7 ou a B2, fundamentais para o bo funcionamento da túa mente? ¿Ou que tamén é rico en magnesio e ácidos Omega 3, necesarios para un bo funcionamento do sistema nervioso cental?
Ademáis grazas ao triptófano e á tirosina (ambos, antioxidantes) do ovo campero, notarás cómo se reduce a túa ansiedade. Igualmente, a luteína do ovo axudarache a desenvolver mellor a función cognitiva, é dicir, o teu pensamento será máis lúcido. ¡Todo son beneficios para a túa mente¡.
¿Hai unha maneira máis pracenteira e eficaz de afrontar unha xornada?
Trucos para preparar uns ovos benedictinos nun momento
- Pon a tostar o pan mentras preparas os ovos poché ou ovos escalfados; gañarás tempo.
- Podes deixar o aguacate listo a noite anterior, pero non olvides deixar o óso dentro dun cunco : impedirá que se oxide e conservará o seu bonito cor verde.
- Podes sustituir os liscos de bacon por outras de xamón, pavo ou lacón. Non esquezas marcalas na tixola.
- Apuntámosche a receita da salsa holandesa, pero tamén podes tomar os ovos benedictinos sós. Achegaranche menos calorías.
Ingredientes
- Para as tostas:
- 4 ovos camperos Pazo de Vilane
- 8 liscos de bacon, lacón, pavo ou xamón york.
- 4 rodaxas de pan artesanal.
- 1 aguacate
- 3-4 gotas de tabasco
- 1 chorriño de limón
- Sal
- Para a salsa holandesa:
- 2 xemas de ovo
- 250 g. de manteiga
- Sal e pementa ó gusto
- 3 culleradas de zume de limón
- 1 cullerada sopeira de auga fría
- 2 culleradas sopeiras de viño branco
Elaboración
- Elaboración da salsa: Pon 300 gr de manteiga nun cazo e quéntaa a lume mínimo. Espera uns 15 minutos e verás que a graxa se separa do soro. Cunha culler recupera a grasa e reserva.
- Noutro cazo, mestura a auga co viño e coce, ata que o alcol se evapore. Deixa arrefriar nun cunco.
- Separa as dúas xemas das súas claras e engádeas ó bol cunha mezcla de viño e auga. Pon ó baño maría a lume suave, e bate de forma suave pero constante, ata conseguir unha crema espumosa (co dobre de volumen).
- Agora, engade nun chorriño a graxa da manteiga, sen deixar de bater, para se emulsione, coma se fora unha maionesa.
- Cando teña esa textura untuosa, engade as culleradas do zume de limón con movementos envolventes, para que non se corte.
- Engade sal e pementa e sírvea no momento quente, pois non se pode requecer.
- Elaboración da tosta: Para preparar os ovos escalfados ou ovos poché, casca cada ovo sobre unha cunca que antes deberás forrar de plástico ou film de cociña. Pecha ben e forma un paquetiño (ben cun cordel, ou ben facendo un nó).
- Pon auga a quecer nunha pota. Sen chegar a ferver, mete os paquetiños cos ovos. A auga debe estar moi quente, pero non deixes que ferva en ningún momento.
- Espera a que cualle, de 4 a 6 minutos, según o gusto.
- Mentras, nunha tixola, vai facendo os liscos de bacon ou lacón.
- Pela o aguacate, e machaca a pulpa nun cunco. Engade unhas gotiñas de tabasco e o zume de limón.
- Corta o pan e tóstao. Monta as tostas. Úntaas co aguacate, despois o bacon e por último os ovos escalfados e a salsa holandesa.