Galletas de Nadal

Traémosvos unha sinxela receita para preparar unhas fermosas e deliciosas galletas de Nadal. A que estás esperando?

60 minutos 8 comensales

¿As festas de Nadal xa están aquí pero aínda non te metiches en fariña? Imos solucionar isto enfornando estas preciosas e riquísimas galletas de Nadal.

Teñen un gusto a canela e vainilla incrible (¡non podes parar¡) e unha textura crocante (se as fas finas) ou lixeiramente fariñosa, se as prefires máis gordiñas. En calquera caso…¡Verás qué sinxelas de facer e cómo desaparecen¡

Decoralas resulta todo un entretemento para os nenos nas tardes longas e frías. De feito, podes animalos a preparar varias e envolvelas en paquetiños de agasallo para os curmás, avós ou os amigos. ¡Encantaránlles¡.

Galletas de Navidad

Todos os trucos para decorar galletas de Nadal

  1. As galletas de Nadal decóranse con “glasa” de dous tipos, unha máis espesa, coa que se poden formar relieves (“glasa” de delineado) e outra, máis líquida, coa que podes cubrir case toda a galleta. Combinando ambas (e dándolles cor con tinguiduras alimentarias) lograrás debuxos preciosos.
  2. Mete as distintas “glasas” en bolsas de plástico e úsaas a modo de mangas pasteleiras, deste modo poderás traballar con calma, sen medo a que se sequen antes de tempo.
  3. Para combinar unhas e outras deberás deixar un tempo prudencial de secado. Por exemplo, se queres siluetear unha galleta en forma de árbore, faio coa “glasa” espesa, déixaa secar e logo compreta no interior do debuxo coa “glasa” líquida.
  4. Podes usar case calquera cousa para rematar a decoración: azucre tinguido de cores, modelos con debuxos para espolvorear cacao, framboesas, arandos ou incluso gominolas...¡Deixa voar a túa imaxinación¡.

Ingredientes

  • Para as galletas: 70 g. de manteiga sen sal
  • 250 g. de fariña de millo
  • 85 g. de azucre
  • 1 ovo campero Pazo de Vilane
  • 1 culler de esencia de vainilla
  • Un pouco de sal
  • 1 culleradiña de canela
  • Para o glaseado: 360 g de azucre glas ou pulverizado, tamizado
  • 2 claras de ovo
  • 2 culleradiñas de zume de limón
  • Colorante alimentario en xel
  • Opcional: leite para engadir á “glasa” máis líquida (con consistencia de recheo)

Elaboración

  1. Saca a manteiga da neveira para estea blandiña (non derretida) e bótaa nun cunco grande.
  2. Mestura a manteiga co azucre e un chisco de sal.
  3. Engade un ovo, a vainilla e a culler de canela. Quedarache coa textura dun puré ou dun iogur.
  4. Por último, tamiza a fariña e vai incorporándoa pouco a pouco coa axuda dunha espátula.
  5. A masa ao principio estará desligada (coa textura de faragullas) pero continua coas mans e trabállaa ben.
  6. Cando a masa tome forma de bóla , envólvea con filme e gárdaa na neveira, unha hora.
  7. Saca a masa e pon un pouco de fariña nunha tabla de cociña ben limpa.
  8. Retira o filme e traballa co rodete ata deixar unha lámina do grosor que prefiras as galletas.
  9. Agora cuns moldes ou cortadores, fai as formas que máis che gusten (estrelas , árbores, renos, monecos de neve…).
  10. Repite a operación tódalas veces necesarias, ata rematar a masa.
  11. Leva as galletas á bandexa, con papel de enfornar e ahí ao forno prequentado a 180º, con calor por riba e abaixo, entre 10 e 13 minutos. Retíraos cando os bordes estean tostados, déixaas arrefriar uns minutos e despois déixaas arrefriar nunha reixa.
  12. Fai a glasa de delineado (espesa). Para iso, pon noutro bol tódolos ingredientes e mestura con baleas. Separa en distintos cuncos e agrega en cada un o colorante deseado, mesturando. Unha vez listos, lévaos a mangas pasteleiras diferentes e comeza a decorar con líneas. En caso de que non estea suficientemente espesa, podes rectificar engadindo máis azucre glas.
  13. Reserva outro cunco grande con “glasa” para posteriormente engadirlle un pouco de leite e facela así máis líquida. Esta última empregarala para rechear as siluetas que antes delineaches.
  14. Remata de decorar tódalas galletas e déixaas secar.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade