Esta ensalada de aguacate, salmón afumado e ovo campero é un entrante de luxo perfecto para as reunións de verán. Un bo viño branco, o olor da herba húmida e boa conversación son os únicos complementos que necesita.
O mellor é que podes preparala en apenas 10 minutos e con antelación. Déixaa na neveira- co oso do aguacate para que non se oxide a súa carne e sŕvea ben fría.
¿Sabías que o aguacate é outro “super alimento” ao igual que os ovos camperos?
Serve na túa mesa ensalada sempre que podas e non só resolverás con nota unha cea ou o primeiro de calquer comida; tamén reforzarás as defensas de toda a familia.
Todos os beneficios da combinación aguacate e ovos camperos para a túa saúde
- O aguacate é rico en vitamina E, adorada por todos os dermatólogos. Os ovos camperos tamén son ricos nesa vitamina, por iso supón a mellor das combinacións para a túa pel.
- Os cardiólogos recomendan inxerir con frecuencia aguacates, pois as súas graxas son saudables e axudan a conservar a saúde cardiovascular. O mesmo ocorre cos ovos camperos.
- Os médicos recomendan os ovos camperos a deportistas e embarazadas, pola súa aporte de proteínas, vitaminas e ácido fólico. Os aguacates son asimesmo unha fonte importante destos últimos.
- Tanto aguacates como ovos camperos axudan a regular o sistema nervioso, pois conteñen en abundancia antioxidantes como o triptófano.
- ¿Sabías que ambos son tamén excelentes para a vista? No caso do ovo, isto é debido á presenza da zeaxantina e vitamina A.
Ingredientes
- 2 ovos camperos Pazo de Vilane
- 1 aguacate
- 120 g de salmón afumado
- 1 mango
- 1 bolsa de brotes de ensalada
- Ceboliño fresco (ao gusto)
- 2 culleradas de noces peladas
- 1 culler de kikos xigantes
- 1 chorriño de vinagre de Módena
- 1 chorriño de aceite de oliva virxe
Elaboración
- Pon a ferver unha pota con auga e engade 2 ovos camperos Pazo de Vilane.
- Cando rompa o fervor, coce os ovos entre 6 e 10 minutos (segundo o teu gusto). Transcurrido este tempo, déixaos en auga fría.
- Mentres, pela o aguacate e párteo en rodaxas en forma de medias luas. Reserva.
- Pela o mango e párteo en trociños. Asimesmo, trocea o ceboliño e garda aparte nun conco.
- Separa as lonchas de salmón afumado e córtaas en trociños pequenos cunhas tesoiras.
- Nun morteiro, machaca as noces peladas e os kikos de millo.
- Pela os ovos cocidos e córtaos en rodaxas, procurando que queden bonitas.
- Emprata colocando na base un bo puñado de brotes verdes para ensalada (xa lavados e escurridos) Incorporar por riba os trozos de salmón e o mando, e no medio as rodaxas de ovo cocido.
- Ao redor do ovo, decora con abundantes medias lunas de aguacate.
- Por último, espolvorea todo o prato coas noces e os kikos en po e co ceboliño fresco. Adereza cun pelín de sal e vinagre de Módena.