Empanadillas de atún

Traémosche unha versión moi sana das ricas empanadillas de atún. Ademais, están feitas ao forno!

45 minutos 4 comensales

Probablemente, unha das receitas de empanadillas máis popular que hai. Podemos enchelas de calquera cousa, queixo, pito, verduras… pero as que todos coñecemos e que nos facían as nosas nais cando eramos pequenos, son, sen dúbida, as  empanadillas de atún, tomate e un rico ovo duro, e se é de Pazo de Vilane,mellor!

 

Receta de Pazo de Vilane, empanadillas de atún

Ingredientes

  • 4 ovos cocidos de Pazo de Vilane
  • 2 ovos de Pazo de Vilane para douralas
  • 16 obleas de empanadillas
  • 4 latas de atún
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 50 gramos de tomate frito
  • Sal

Elaboración

  1. Cos ovos xa cocidos comezamos a preparar o recheo. Cortamos a cebola á xuliana moi finiña e os pementos moi pequenos e salteamos a lume medio cun pouquiño de aceite e sal, durante 5 minutos.
  2. Escorremos o atún e engadímolo á tixola. Revolvemos todo durante un par de minutos.
  3. Engadimos tamén o tomate, o sal se é necesario e cociñamos un par de minutos máis.
  4. Pelamos os ovos duros e cortámolos en pequenos anacos. Incorporámolos ao recheo que xa estará fóra do lume.
  5. Prequenta o forno durante 10 minutos a 180º C mentres enches as empanadillas.
  6. Sobre a masa colocamos unha pouquiño de recheo, dobramos pola metade, esmagamos lixeiramente os bordos un pouquiño cos dedos e selamos cun garfo.
  7. Sobre papel de forno poñemos as empanadillas. Batemos dous ovos e pintamos as empanadillas.
  8. Enfornámolas a 180º ata que se douren. Retiramos, deixamos arrefriar e a comer.