Brownie de chocolate branco con marmelada de framboesas

¿Brownie de chocolate branco con marmelada de framboesas? Claro que si! E moi rico é. Proba esta receita e sorprenderás a todos.

40 minutos 8 comensales

Lambós do mundo, traémosvos unha sobremesa á vosa medida: un riquísimo brownie de chocolate
branco regado con marmelada artesá de framboesas Pazo de Vilane.


Esta sobremesa contén toda a esencia do Pazo: os fresquísimos ovos campeiros das nosas galiñas (que
campan felices polos nosos pastos sempre verdes) a marmelada artesá de framboesas –que cultivamos
nunha das nosas leiras- e as noces das nogueiras da Ulloa, a nosa comarca, que recollemos durante os
nosos paseos.


Por certo, tes que probar as noces galegas: son lixeiramente máis miúdas que as que atopas habitualmente
(estas adoitan ser importadas) pero o seu sabor é moito máis intenso.
Se tes á vista uns aniversarios ou calquera outra celebración (hoxe día todas merecen a pena), lánzate a
facer este brownie de chocolate branco. Decórao con esmero, córtao en anaquiños e verás como voa!

Brownie de chocolate blanco con mermelada de frambuesas de Pazo de Vilane

Ideas de festa para a túa brownie de chocolate branco

  • A presentación ideal do brownie de chocolate branco nunha festa son os cadradiños. Forma torres ou pirámides con eles e quedarache de cátering de luxo.
  • Unha vez teñas a forma adecuada, báñaa cun fío fino desde arriba con chocolate negro, ou ben cunha xelea lixeira feita coa nosa marmelada: quéntaa con algo de auga e logo pásalle a batedora, ata conseguir un xarope. Así che será máis fácil facer debuxos sobre a pila de anaquiños de brownie.
  • Outra idea: esparexe a cortiza de limón e azucre glas, formando unha riquísima nube. Engade algunhas noces picadas e anaquiños de frambuesa e amorodo. Para morrerse!
  • Corta o brownie en rectángulos e crávalles unhas paletas de xeado. Terás uns orixinais polos, listos para ser devorados!

Ingredientes

  • 180 g (1 tableta) de chocolate branco para sobremesas
  • 125 g de manteiga
  • 125 g de azucre
  • 100 g de fariña
  • 60 g de noces ou pistachos
  • 2 ovos campeiros Pazo de Vilane
  • 1 culleriña de canela en po
  • 1 culleriña de esencia de vainilla
  • 5 g de fermento en po
  • 1 frasco de marmelada artesá de framboesa Pazo de Vilane
  • 100 g de framboesas para decorar

Elaboración

  1. Prequenta o forno a 180 ° C.
  2. Funde no microondas, 140 g de chocolate branco coa manteiga.
  3. Á parte, pica nun robot de cociña o resto do chocolate.
  4. Nunha cunca, bate os ovos e incorpora o azucre, a fariña, a canela, a vainilla, o fermento, o chocolate picado e os pistachos ou noces (ao teu gusto).
  5. A esta mestura, engade o chocolate fundido coa manteiga. Mestura moi ben.
  6. Verte a mestura nun molde forrado con papel e enforna uns 25 minutos. O brownie é unha sobremesa cunha textura lixeiramente “húmida”, non debe estar moi cocido por dentro.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade