Brazo de xitano de Samaín (Halloween)

Traémosche a sobremesa máis espectacular que podes soñar para a túa festa de Halloween: un brazo de xitano decorado con cabazas e recheo de nata.

60 minutos 8 comensales

Traémosche a sobremesa máis espectacular que poderías soñar para a túa festa de Samaín (Halloween): un brazo de xitano decorado con cabazas e recheo de nata. Súper vistoso, sinxelo e deliciosamente terrorífico.

Só necesitarás un pouquiño de maña para montalo, pero resultarache moito máis sinxelo do que pensas. Só segue as nosas instruccións… ¡E verás que resultado¡

Brazo de gitano de Halloween

Todas as claves para facer o mellor brazo de xitano en Samaín (Halloween)

  • A clave para que o brazo de xitano tome a súa forma é enfornar o biscoito só uns minutos. Non te pases de tempo ou quedará seco e ao doblalo vaisete romper.
  • Manipula a prancha do biscoito cando todavía esté quente será moito máis manexable. O filme de plástico axudarache a conservar a súa humidade natural.
  • Cando formes cabazas, non te obsesiones con facer formas perfectas, bastará con que deixes uns ocos grandeciños para a boca e os ollos para se sexan recoñecibles no biscoito.

Ingredientes

  • Para a pasta de cigarrillos (cabazas)
  • 40 g manteiga pomada
  • 40 g azucre glacé
  • 40 g claras de ovo
  • 40 g de fariña floxa
  • Colorante laranxa
  • Para a prancha de biscoito de 30×30 cm
  • 3 ovos a temperatura ambiente
  • 85 g azucre branco
  • 1 culleradiña de vainilla en pasta
  • 30 g leite
  • 20 g manteiga fundida
  • 73 g fariña floxa tamizada
  • 80 g de cacao en po
  • Para o recheo
  • 200 g nata para montar
  • 25 g azucre glass
  • Colorante laranxa

Elaboración

  1. Prepara a pasta para as cabazas. Mestura a manteiga pomada, o azucre glacé, as claras de ovo, a fariña e o colorante laranxa ata obter unha pasta homoxénea.
  2. Introdúcea nunha manga pasteleira sen embocadura e fai unha apertura pequena. Prepara unha folla de papel de forno sobre unha bandexa e debuxa coa manga unhas cabazas. Bastará un círculo lixeiramente achatado con tres ocos para os ollos, a boca e un rabiño na parte superior.
  3. Introduce a folla na neveira durante 30 minutos.
  4. Vamos coa prancha de biscoito. Prequece o forno a 170º , calor por riba e por baixo, pon nun cazo o leite , a manteiga e quece ata que se funda. Retira.
  5. Por outro lado, bate os ovos co azucre ata que tripliquen o seu volume. Engade a fariña tamizada co cacao en po, integrando con movementos envolventes cunha espátula. Engade o leite do cazo, a vainilla, e mestura todo con coidado.
  6. Saca o papel do conxelador e ponno sobre a bandexa do forno. Verte por riba a masa do biscoito. Enforna a 170º durante 10 minutos (ou antes, se ves que se empeza a dorar).
  7. Extrae con coidado o papel do forno e inmediatamente envórcao sobre outra bandexa que terás cuberta previamente cunha lámina de filme transparente. Espera un minuto.
  8. Despega o papel do forno (agora estará na parte superior do biscoito) con coidado. Espera un pouco máis se ves que se rompe.
  9. Unha vez retirado o papel, pon outra lámina de filme transparente e voltea de novo a prancha, esta vez sobre a reixa do forno. Quita o filme da parte que non ten debuxo , que é onde extenderás o recheo.
  10. Mentres se arrefría, prepara o recheo. Pon nata para montar moi fría co azucre glacé nun bol e bate cunhas baleas. Cando empece a montar engade o colorante e termina de montar ata que quede ben firme.
  11. Extende o recheo sobre a prancha de biscoito ata os bordos. A continuación enrola con moito coidado, coa axuda dun filme transparente que tes na parte inferior.
  12. Finalmente, cobre co filme e deixa arrefriar na neveira ata o momento de servilo.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade