Bolos de vento de Coresma

Descubre unha deliciosa receita de bolos de vento que fará as delicias de todos nestas datas de Semana Santa. Chuparanse os dedos!

25 minutos 6 comensales

Que terá esta receita de bolos de vento de Coresma que a todos vólvenos tolos! Por moitos que fagas, sacas a bandexa á mesa e desaparecen nun airiño. E é que os bolos de vento están ricos de todos os xeitos: recheos de crema, de nata, de chocolate… ou mesmo dunha boa marmelada artesá de amorodos, de froitos vermellos ou de arandos.

Aínda que se non te queres complicar, sempre podes servilos sós, espolvoreados cunha mestura de azucre glas e canela. O contraste co aroma da casca dos cítricos -laranxa e limón- o viño doce e o anís (os ingredientes estrela dos bolos de vento de Coresma) é sinxelamente divino. Próbaos!

O importante é que che queden ben esponxosos. Máis abaixo dámosche todos os trucos secretos do Pazo. Sígueos e non fallarás.

 

Buñuelos de Cuaresma

Trucos para facer uns bolos de vento de Coresma de pastelería

  • Cando formes as bólas da masa axúdache con dúas culleres (ou mesmo cunha de bólas de xeado); tamén che será sinxelo cunha manga pasteleira de boca ancha.
  • Vixía de preto a temperatura do aceite: debe estar quente, pero non demasiado. Non deixes que se tosten; os bolos de vento deben quedar ben fritidos por dentro, pero deliciosamente dourados por fóra.
  • Cando os frías, fai quendas de poucos, así controlarás mellor a temperatura do aceite.
  • Unha vez fritos, vai colocando os bolos de vento nun papel absorbente, e ten a man a mestura de azucre glas e canela para espolvoreala por enriba en canto repousasen uns segundos. Cun coador resultarache facilísimo.
  • Gústanche recheos? Na nosa receita de canutillos de crema atoparás todos os pasos para elaborar a crema pasteleira. Está feita con ovos campeiros das nosas galiñas galegas que pastan en liberdade polos campos do Pazo, e iso nótase no sabor… e ata na cor!
  • Espera a que se arrefríe a crema pasteleira e métea nunha manga (ou nunha bolsa de plástico para cociñar). Vai facendo cortes nos bolos de vento cun coitelo afiado e éncheos.

Ingredientes

  • 1 ovo campeiro Pazo de Vilane
  • 150 ml de leite
  • 30 g de manteiga
  • 1 cullerada de azucre
  • 1 culleradiña de anís en gran (unha culleradiña)
  • 1 cullerada de viño doce (tipo moscatel)
  • Reladura de ½ limón
  • Reladura de ½ laranxa
  • 80 g de fariña de trigo
  • 1 belisco de sal
  • Aceite de xirasol para fritir
  • Azucre glas
  • Canela

Elaboración

  1. Quenta o leite nun cazo e engade o azucre, a manteiga, o viño moscatel, o anís, as reladuras de pel de laranxa e de limón e un belisco de sal.
  2. Retira do lume en canto ferva. Nese momento engade a fariña dunha vez e remove cunha culler de madeira ata que ligue a masa.
  3. Leva a lume medio de novo e segue removendo ata que a masa non se pegue ás paredes do cazo. Modera o lume se é necesario. Unha vez lista, retira e deixa arrefriar.
  4. Cando estea fría a masa, engade o ovo campeiro batido e mestura moi ben.
  5. Quenta abundante aceite de xirasol nunha tixola, a lume medio.
  6. Forma as bólas e vai depositándoas con coidado no aceite quente.
  7. Frite en quendas pequenas, controlando en todo momento se os bolos de vento quedan ben feitos e dourados.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade