Temos a receita ideal de biscoito de limón: doce, pero lixeiramente acedo, refrescante e realmente delicioso. Non esperes máis e prepara este riquísimo sobremesa, que lucirá ideal cortado en finos toros para un café entre amigas. Sírveo nunha bonita fonte e quedarás como unha auténtica raíña.
E é que este biscoito ten ese estilo elegante e refinado digno dos mellores salóns de té ingleses; xa sabes, é deses doces pensados para ser servidos en porcelana fina ás 5 da tarde. Entra polos ollos!
Para lograr unha elaboración “de 10”, busca os mellores ingredientes: os ovos campeiros de Pazo de Vilane, postos por galiñas que pastan a diario nos frescos pastos galegos, un iogur grego ben cremoso, manteiga de primeira calidade e, como non, uns limóns recentemente colleitados, de excelente aroma.
Trucos para enfornar o biscoito de limón
- Propoñémosche unha temperatura de 160º durante case unha hora, pero lembra que cada forno é distinto. Vixía o teu e a evolución do biscoito.
- Antes de comezar a traballar, saca do frigo os ovos campeiros, polo menos 1 hora antes, para que se temperen. Á masa do biscoito de limón non lle gustan nada os cambios bruscos de temperatura.
- Se ves que a superficie se está tostando, pero aínda faltan algúns minutos para que se faga por dentro, coloca sobre o molde unha folla de papel de aluminio e continúa a cocción. Trata de facelo rapidamente para que o forno non perda calor.
- Cando estea rematado, déixao uns minutos máis dentro, coa porta do forno entreaberta.
- Por último, sácao sobre unha reixa, para que o aire circule tamén pola base.
Ingredientes
- 100 g de manteiga do tempo (branda)
- 200 g de azucre
- 1cullerada de extracto de vainilla
- A casca relada de 3 limóns
- 3 ovos campeiros Pazo de Vilane
- 190 g de fariña
- 2 culleradiñas de fermento
- ½ culleradiña ou un belisco de sal
- 125 g de iogurt grego
- 2 culleradas de zume de limón
- Para o glaseado: 120 g de azucre glas
- 3 culleradas de zume de limón
Elaboración
- Nun bol grande e axudándote dunhas baleas eléctricas, mestura durante 10 min a manteiga (debe estar moi branda) co azucre.
- Engade o extracto de vainilla e a casca relada dos limóns.
- Incorpora os 3 ovos campeiros de Pazo de Vilane, pero bate ben coas baleas despois de engadir cada un.
- Acende o forno, e prequenta a 160º.
- Noutro bol, tamiza a fariña, o belisco de sal e as dúas culleradiñas de fermento cun colador.
- Engade a metade desta mestura na masa, e bate ben.
- Bota agora o iogur grego con dúas culleradas de zume de limón e volve mesturar ben.
- Finalmente, incorpora o resto da mestura de fariña.
- Verte a masa nun molde de 9 x 25 cm, engraxado e forrado con papel de fornear. Dálle forma á masa cunha espátula.
- Enforna a 160º durante 60 minutos. Transcorrido este tempo, introduce a punta dun coitelo antes de sacalo para comprobar se está feito.
- Mentres o biscoito fornéase, prepara o glaseado con 120 g de azucre glas e 3 culleradas de zume de limón. Engádeo moi aos poucos, ata se ligue e quede unha pasta líquida branca.
- Unha vez frío, desmolda o biscoito e colócao nunha fonte. Logo, bota o glaseado en forma de fino chorro, ata cubrir toda a superficie.
- Para decorar, salpícao de reladura de limón.