Biscoito holandés

Traémosvos unha receita de bizcocho holandés feita por un amigo amante da repostaría e dos ovos de corral do Pazo de Vilane

55 minutos 8 comensales

Tódalas versións dos biscoitos nos encantan. ¡Pero este vólvenos tolos¡ A receita deste biscoito holandés foi agasallo de Anne, unha holandesa admiradora dos ovos camperos Pazo de Vilane que visita habitualmente Galicia.

Ela mesma contábanos a historia da súa receita. “vivo durante seis meses nunha casa rural galega e cando estou aquí gústame facer este biscoito, unha mestura deliciosa de dúas sobremesas holandesas, o Kokosmakroon (galleta de coco) e Oma’s cake (biscoito da avoa). Eu doulle un toque especial, co chocolate branco e as framboesas, porque paréceme a combinación perfecta”.

E apetecible en calquera época do ano, engadiríamos nós. Anímate que imos remangarnos e meternos entre fogóns para preparar este riquísimo biscoito holandés con framboesas e chocolate branco nuns minutiños.¡

Bizcocho holandés con frambuesas y chocolate blanco

O biscoito holandés: toda unha institución nos Países Baixos

  • Hai moitísimas fórmulas de biscoitos holandeses. Case cada familia ten a súa propia. E é que en Holanda hai unha tradición reposteira moi arraigada e son usuais as pausas ao longo do día para tomar un café acompañado dunha galleta ou biscoito, tanto na casa como nas miles de espectaculares cafeterías-reposterías repartidas por todo o país.
  • Calquer anfitrión holandés recibe ao seu hóspede con distintos tipos de pasteis ou biscoitos, moitos deles elaborados con especias, ovos camperos, mazás ou outras froitas, chocolate, xenxibre, nata , caramelo, manteiga ou leite fresca.
  • En Holanda, O Nadal, o Ano Novo, a Pascua, os aniversarios son a excusa perfecta para montar preciosas mesas doces onde os biscoitos, as tartas e os doces son os protagonistas. ¡É o paraíso dos golosos¡

Ingredientes

  • 225 g de chocolate branco
  • 175 g de manteiga
  • 175 g de fariña de millo de repostería
  • 225 g de azucre
  • 100 g de coco relado
  • Media culler de fermento en po
  • 150 g de framboesas frescas
  • 3 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 50 g de chocolate branco para decorar

Elaboración

  1. Prequenta o forno a 180º.
  2. Verte o chocolate branco e a manteiga nun cunco e derríteo ao baño María dentro dun cazo.
  3. Bate a fariña, o fermento, o azucre, o coco e os ovos camperos.
  4. Engade a manteiga e o chocolate derretido.
  5. Verte a masa nun molde de 24 centímetros e pon as framboesas.
  6. Leva ao forno durante 35-40 minutos (ou ata que estea listo) a 180º.
  7. Saca o biscoito e deixa arrefriar sobre unha reixa. Cando estea frío, desmolda, derrete os 50 gramos de chocolate branco e decóraro como máis che guste (cubríndoo ou facendo debuxos).
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade