Biscoito de coco

¿Encántache o coco? Entón tes que probar este delicioso bizcocho de coco relado. O seu sabor transportarache aos románticos tempos coloniais.

60 minutos 6-8 comensales

¿Gústache o coco? Entonces tes que probar este riquísimo biscoito de coco relado. ¡O seu sabor transportarate aos románticos tempos coloniais¡

 

Queda doce, pero nada empalagoso, con ese increible resaibo que lle da a exótica combinación do coco e o limón. Este biscoito, ademáis, é perfecto para o almorzo de nenos inapetentes, porque lles ofrece un sinfín de propiedades nutritivas.

 

Nin che contamos cómo quedarás cando sirvas con convidados o café ou o té con este biscoito de coco. Non tes máis que cortalo en chouchas e formar unha torre de pequenos cadrados regulares (do tamaño dun bocado) sobre unha bonita fonte. Espolvorea a cima con coco relado e canela… E prepárate para a choiva de afagos.

bizcocho de coco

Biscoito de coco… Un doce cheo de propiedades nutritivas

  • ¿Sabías que o coco é unha pranta moi nutritiva? Aínda que non debe consumirse en grandes cantidades (xa que está considerada a froita máis calórica) sí debemos ter en conta que é riquísima en algúns minerais e vitaminas non moi comúns en outros alimentos, como o ácido fólico, por exemplo, elemento fundamental no desenrolo do embarazo.
  • Tamén aporta magnesio (un elemento imprescindible para unhas 300 reaccións bioquímicas do organismo) e moita fibra, polo que axuda a regular o tránsito intestinal. Asimesmo , aporta fósforo (regulador do bo funcionamento do cerebro) e potasio, o que é perfecto para deportistas e para estudiantes ou traballadores que deben ter un alto rendimento cerebral.
  • Por si isto fora pouco, é rico en vitaminas C e E, o que potenciará o teu sistema inmunitario e te axudará a ter unha pel estupenda.
 

Ingredientes

  • 250 g de azúcre
  • 100 g de coco relado
  • 3 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 100 g de manteiga
  • 50 g de aceite de xirasol
  • 1 iogur de coco
  • 250 g de fariña
  • 150 g de leite
  • 1 sobre de fermento
  • 1 belisco de sal
  • 1 limón (a cortiza)

Elaboración

  1. Prequece o forno a 180º
  2. Forra un molde con papel de forno e engrásao lixeiramente con manteiga e espolvorea con fariña.
  3. Nun cunco, casca os 3 ovos camperos e verte os 100 g de coco relado e o azucre. Cun robot de cociña, ou cun batedor, mestura ben durante uns 3 minutos.
  4. Engade a manteitga derretida o aceite de xirasol e o iogur de coco e a leite. Segue mesturando.
  5. Engade a fariña pouco a pouco, o fermento e o sal
  6. Rela a casca dun limón (sen a parte branca)
  7. Verte a mestura nun molde. Fornea a 180º , calor abaixo, durante 35-40 minutos aproximadamente (depende do teu forno).
  8. Comproba que o biscoito de coco está feito cun escarvadentes ou coa punta do coitelo.
  9. Se ves que a superficie se tosta demasiado, pon sobre o molde un papel de aluminio ata que remate de facerse.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade