Pastoreo de galiñas: beneficioso para ellas e… tamén para a nosa saúde.

Desde os nosos inicios, en 1996, en Pazo de Vilane defendemos o pastoreo de galiñas como práctica irrenunciable para lograr o máximo bienestar das nosas aves e a calidade dos nosos ovos camperos.

Como comprobarás, ten toda a lóxica. Unha galiña, do mesmo xeito que todo animal, só se desenvolverá ópticamente se aletea, corre, picotea e respira aire puro todos os días.

Se ademáis conta con excelente alimentación e outros factores de boa crianza-descanso nocturno, tranquilidade ou pouca estrés no galiñeiro, boa temperatura…- teremos garantida a mellor calidade de ovos camperos.

As primeiras galiñas en pastoreo de España

En Pazo de Vilane fomos pioneiros en criar galiñas de libre pastoreo.

Cando naceu a nosa granxa avícola, a finais dos 90, os sistemas de crianza de galiñas poñedoras en España seguían protocolos que priorizaban a máxima producción de ovos frente ao bienestar animal.

Naquel entonces todas as granxas avícolas de España baseábanse en galiñas enxauladas e ubicadas en baterías (varios pisos), na automatización dos procesos de alimentación e recollida de ovos, e por suposto, no confinamento das aves durante toda a súa vida.

Foi nese contexto cando decidimos ir contra corrente e recuperar o sistema de crianza tradicional de ovos camperos no entorno envexábel de Antas de Ulla (Lugo), o corazón de Galicia.

O noso modo de cría sempre se baseou en galiñas de libre pastoreo -que disfrutan a diario de pastos verdes todo o ano- galiñeiros pequenos, lotes de aves reducidos, con granxeiros ou coidadores especializados e asignados a cada un deles, e a mellor alimentación, baseada en cereais e leguminosas.

Ovos de pastoreo: máis nutrientes beneficiosos para a nosa saúde

Sempre defendimos o bienestar animal como bandeira de Pazo de Vilane porque non só buscamos o mellor para as nosas galiñas, senón tamén para o bienestar dos nosos consumidores.

E é que os nutrientes complementarios que a galiña incorpora nos seus paseos campestres (a través de herbas, flores, minerais, insectos…) axúdanlle a expresar todo o seu potencial xenético, ou sexa , a alcanzar ao máximo desenvolvemento e a ofrecer os mellores ovos camperos.

É dicir, unha galiña pon máis e mellor canto maior desenvolvemento logra.

De acordo con un estudio publicado na revista agrícola Renewable Agriculture and Food Systems e recollido por Cambridge University Press, os ovos de galiñas en pastoreo (en comparación cos ovos de galiñas en xaula) teñen o dobre de vitamina E e graxas Omega-3 de cadea larga; 2.5 veces máis ácidos graxos Omega-3 totais e menos da mitade da proporción de Omega-6 : Omega-3.

Asimesmo, encontrouse que a concentración de vitamina A foi un 38% máis alta nos ovos de galiñas de libre pastoreo que nos ovos de galiñas de xaula.

Por tanto, comer ovos de galiñas de libre pastoreo ou ovos camperos é moi beneficioso para a saúde.

Non olvidemos que a vitamina E reforza o sistema inmunolóxico, axuda a previr danos hepáticos (fígado graxo), o envelecemento prematuro ou o Parkison e o Alzheimer, mentres que os Omega-3 contribúen a regular a hipertensión arterial, o colesterol ou os niveis de triglicéridos e é unha parte importante no correcto desenvolvemento do sistema nervioso central ou na prevención das trombosis.

Qué condicións básicas debe ter o pastoreo de galiñas

Pero no pastoreo de galiñas non todo vale. Os ovos camperos ou ovos de pastoreo deben ser postos por galiñas criadas nunhas condicións moi concretas.

Porque o pastoreo non consiste simplemente en abrir as portas dos galiñeiros ou olvidarse das aves.

En primeiro lugar, tanto na cría campera como na ecolóxica (as dúas únicas nas que as galiñas saen ao exterior a pastorear) a normativa esixe 4 m² de parque por cada unha delas.

Pero a lei non di nada acerca da calidade dos parques (tan só establece a necesidade de que existan refuxios contra as inclemencias e os predadores, ou no seu caso, bebedeiros adecuados.)

Tampouco establece a frecuencia -diaria, semanal , mensual…- obligatoria na que as galiñas deberían saír a pastar.

Según a larga experiencia de Pazo de Vilane en crianza de galiñas camperas ou galiñas ao pastoreo, esta é a clave: un bo clima, saídas diarias durante largas horas e pastos verdes todo o ano son os piares dunha boa crianza e producción de ovos camperos.

As galiñas son aves moi sensibles ao calor, ata o punto de que se estresan e deixan de comer (e poñer) se as temperaturas se elevan, como ocorre en moitas zonas de España na primavera ou verán.

Naturalmente, é imposible ofrecer pasto de calidade as galiñas en lugares extremadamente cálidos, sobre todo se carecen de grandes sombras naturais (proporcionadas polos árboles).

A herba agótase e o único que encontran as galiñas nos seus paseos é terra reseca. Neste caso non estaríamos ante libre “pastoreo” senón ante unha realidade ben distinta.

En Pazo de Vilane, ademáis de contar co privilexiado clima galego que proporciona 365 días de pastos verdes, ocupámonos do coidado dos parques mediante a continua plantación de árbol autóctono que protexe e dá sombra necesaria para o bienestar das aves.

Hai que asegurarse de que as galiñas gozan sen medo nin estrés dos seus paseos campestres. Como é ben sabido, son animais moi asustadizos, e o simple voo dun ave rapaz ou o paso de ganado nas cercanías pode asustalas, elevando os seus niveis de cortisol (hormona que denota se o animal sofre estrés) e empeorando o seu sistema inmunitario.

En resumo, débense cumprir unha serie de condicións climáticas, naturais e de crianza para producir ovos camperos ou ovos de libre pastoreo de calidade.

Polo ben das galiñas…e  tamén do noso. 

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade