Descubrindo ás galiñas: galiña brahma

Seguimos co noso percorrido para coñecer todas as razas de galiñas. Como o mes pasado, que che contamos todo acerca da galiña castelá negra. E hoxe, tócalle a quenda á galiña brahma, unha raza xigante de orixe asiática que che namorará coa súa plumaxe. 

A galiña brahma recibe o seu nome do río Brahmaputra, na India, a canle máis usada para a súa comercialización. É apreciada polo seu gran tamaño, resistencia e vitalidade. Foi a principal raza de carne nos Estados Unidos desde a década de 1850 ata 1930. Hoxe en día, se cría para produción de ovos e mesmo con fins ornamentais.

A súa orixe causou moitas discusións entre os expertos, crese que foron criadas con aves  chittagong grises de orixe malayo, explicando así o tamaño da súa cabeza, e galiñas  cochin, explicando o seu gran tamaño e plumas grosas. Orixinalmente coñecíallas como raza Shangai, aínda que se di que tiña ducias de nomes e variedades de ave. O que se sabe con certeza é que en decembro de 1852 exportáronse os primeiros exemplares a Inglaterra, onde desenvolveron a variedade Dark brahma. Logo foi reexportada a Estados Unidos. 

Como curiosidade, esta raza xunto coa cochin alimentaron unha tolemia que varreu América e Inglaterra sobre 1850: “a febre da galiña”, unha obsesión pola cría de aves de curral, sobre todo galiñas. O criador George Burnham regalou 9 dos seus mellores pitos Brahma a raíña Vitoria de Inglaterra, popularizando así a raza e aumentando o seu prezo, pasando de valer $12 a $100 nunha noite. 

Características da galiña brahma

Son aves moi belas, grandes e resistentes. Aínda que o seu gran tamaño pode chegar a impoñer, trátase dunha raza dócil, amable e confiada. Resiste o inverno e as baixas temperaturas grazas á súa plumaxe, converténdoas en razas fáciles de criar.

Os machos teñen crista de chícharo ou triplo, mentres que a femia tena tripla e pequena. Ambos con queixo vermello, pico curto e forte, cola curta con plumas longas e lóbulos nas orellas. Pero de todas as súas características, o que máis chama a atención é a súa plumaxe nas patas, dándolle un aspecto máis robusto. 

Poden ser de cor clara,  beige ou escuro. As ás, comparadas co seu tamaño, son pequenas, redondeadas e moi pegadas ao corpo. Non destacan por ser excelentes poñedeiras de ovos, pero si o fan por poñer sobre todo no inverno, producen a maior parte de outubro a maio. Son ovos grandes e de cor marrón e poñen unha media de 120 ao ano. 

As galiñas e ovos de Pazo de Vilane

En Pazo de Vilane non vendemos ovos, coidamos galiñas. Por iso encántanos descubrir cada mes razas diferentes e compartilo contigo. Aínda que temos especial predilección polas habitantes das nosas leiras, as galiñas Lohman, cremos que sempre podemos aprender máis coñecendo novas razas. 
Para que os nosos ovos consigan as propiedades nutricionais que os fan únicos, as nosas galiñas gozan dunha contorna onde pastan en liberdade, consentimos ás nosas galiñas para que nos devolvan os seus mellores ovos campeiros. A experiencia demostrounos que o benestar é fundamental para que nos proporcionen o mellor de si. Lembra que podes conseguilos nas nosas cadeas de distribución.