Descubrindo ás galiñas: Sebright

Ben sabedes que nós non fabricamos ovos, coidamos galiñas. Por eso cada mes, gozamos amosándovos novas razas, as súas curiosidades e historia. Hoxe volvemos cunha raza preciosa cunha plumaxe que vos chamará moito a atención: a galiña Sebright.

A curiosa historia da galiña Sebright

É unha pequena raza de orixe inglesa e ten unha historia moi interesante. O seu nome vén de Sir John  Saunders Sebright que desenvolveu esta raza a principios do século  XIX. Era un entusiasta da crianza de pitos, gando e outros animais. Sir John escribiu varios ensaios influentes na cría e o coidado dos animais: a arte de mellorar as razas dos animais (1809) e Observacións sobre o Instinto dos animais (1836). Colaborou con Charles Darwin e outros pensadores influentes en formas de aumentar o coñecemento da evolución e xenética animal. 

A raza Sebright creouse coa intención de desenvolver un ave de exhibición, cunha rechamante plumaxe entrelazada. Crese que para chegar a crear esta raza levou máis de vinte anos, onde se cruzaron razas de galiñas Nankin e Rosecomb con galos nativos e razas polacas. 

En 1810 establécese como raza. Na actualidade, é unha raza totalmente ornamental e unha das dez razas de pito  Bantam máis populares. Fermosa e única de ver onde tanto a galiña como o galo teñen o mesmo plumaxe entrelazada. 

Características da galiña Sebright

Ten un tamaño bastante pequeno, así como os seus ovos. De feito, esta galiña non é boa poñedora de ovos; rara vez se reproducen e os pitiños teñen taxas altas de mortalidade polo que se manteñen como raza ornamental. Clasifícase como “galiña verdadeira” porque é única e non ten versións máis produtivas ou de diferente tamaño. 

A galiña chega a pesar 570  g, cunhas costas curtas e peito proporcionalmente grande. As súas ás apuntan cara abaixo e ten unha aparencia alegre polo nerviosa e  vivaz que é. Pero o que máis chama a atención é a súa plumaxe onde un fino  ribete negro bordea cada unha das plumas, dando unha textura entrelazada. A base das plumas poden ser de dúas cores: ouro escuro ou de prata esbrancuxada. 

Outra curiosidade é que non hai diferenciacións de sexo, teñen o mesmo plumaxe e o galo non posúe nin esclavina, nin unha cola rechamante. Teñen unha gran capacidade de voo, se as deixas en liberdade con árbores ao redor, gustaralles pousarse neles.

As galiñas e ovos de Pazo de Vilane

As galiñas Sebright son aves que necesitan liberdade e son moi enérxicas cando alcanzan a súa madurez. Por iso a cría debe ser parecida á que usamos en Pazo de Vilane, onde as galiñas teñen grandes leiras para pastorear e correr. 

Non temos ningunha desta raza, pero si viven nosas queridas Lohmann, que gozan durante todo o ano de pastos frescos e tenros. Interactuando coa contorna e desenvolvendo os seus instintos. A nosa maior preocupación: que teñan unha vida saudable e sen tensión. 

Trátase dunha característica fundamental dos ovos campeiros de Pazo de Vilane, xa que as galiñas incorporan nutrientes na súa alimentación que chegan ao ovo. Permitindo ofrecer ovos  camperos da máxima calidade en achegas nutricionais e sabor. Lembra que podes conseguir os nosos ovos nas principais cadeas de distribución.

O próximo mes volveremos con máis razas de galiñas, procedencias e historia.