Comidas quentes: 6 pratos fáciles e sans para facerlle fronte ao frío

Huevos a la flamenca

O inverno está en pleno apoxeo e a xeada, o vento e a choiva acompáñannos case todos os días. Por iso, non hai nada como facerse cunha boa colección de receitas de comidas quentes, tradicionais e reconfortantes para entoar o corpo e facer fronte ás baixas temperaturas.

Está comprobado: os nosos maiores tiraban de sopas, guisos e pratos quentes -ademais de bos legumes- para protexerse do frío despois de longas e esgotadoras xornadas no campo. Por algo o farían!

E é que este tipo de pratos non só resultan agradecidos co peto; ademais son moi sans porque nos aportan todos os nutrientes que necesitamos xusto agora, nos meses máis fríos do ano.

Como ves, é boa idea recuperar e seguir os ditados da sabedoría popular para mellorar a nosa alimentación e, en consecuencia, a nosa saúde.

Precisamente así o vimos facendo en Pazo de Vilane, onde producimos ovos campeiros cos métodos de produción de antes, con pastoreo de galiñas en liberdade, nos extensos e verdes prados das nosas granxas galegas.

Apunta estas comidas quentes que che traemos hoxe (xa che adiantamos que non faltan nelas os nosos ovos campeiros, cargados de nutrientes) e verás como encaras o inverno cun gran sorriso.

Sopa de cebola

A cebola é ese comodín imprescindible na cociña que mellora o sabor de calquera prato. Pero é que nesta sopa que che propoñemos este ingrediente gañouse o título de absoluto protagonista, e por dereito propio.

sopa de cebola

Non podería ser doutra maneira, xa que os numerosos minerais e vitaminas da cebola aportan beneficios moi interesantes á túa saúde nestas datas.

A cebola axudarache a controlar a báscula (porque é depurativa, antioxidante, diurética e regulariza o estómago e intestinos) é excelente para catarros e gripes e boísima para loitar contra as engurras e outras anomalías da pel.

Deixámosche neste enlace a nosa receita quente de sopa de cebola, un prato exquisito e moi reconfortante, que che sentará de marabilla.

Ovos á flamenca

Chícharos, allo porros, cebolas e ovos campeiros de pastoreo, por suposto. Con estes ingredientes podes preparar a nosa receita de ovos á flamenca e poñer ao mal tempo boa cara.

Ovos á flamenca

Os chícharos melloran os niveis de colesterol, son moi beneficiosos para os nenos (porque favorecen a renovación celular e preveñen a anemia) e tamén para as persoas diabéticas, grazas á súa riqueza en pectina, fibra que favorece a absorción paulatina e ordenada da glicosa.

Procura que os embutidos (o xamón e o chourizo) sexan de primeira calidade, e na súa xusta cantidade, só para aportarlle ese toque “flamenco” delicioso.

Garavanzos con bacallau

Aínda que é un prato típico de Coresma e de Semana Santa, os garavanzos con bacallau son unha desas comidas quentes que apetecen moitísimo calquera día frío.

Garavanzos con bacallau

En Pazo de Vilane somos uns namorados dos pratos de culler, porque son saudables, pouco calóricos e deliciosos. E precisamente neste riquísimo prato único únense as verduras, o peixe, as legumes e os ovos campeiros nun equipo infalible.

Xa verás: en canto probes esta receita quente converterala na túa mellor aliada de inverno.

Escalope con ovos escalfados

Algo tan sinxelo, en aparencia, como cun escalope de tenreira mellora moitísimo en sabor e textura se lle engades un ovo escalfado quentiño.

Escalope con ovos escalfados

A clave desta receita é servila inmediatamente despois de cociñala, para que o escalope conserve a súa textura crocante cando se mesture coa xema líquida e aínda fumegante.

Por suposto, o ovo campeiro debe ser da mellor calidade, de pastoreo diario e producido segundo os máximos estándares de benestar animal, tal como facemos no Pazo.

Verás que prato máis delicioso, rico e fácil de preparar!

Tarta de cabaza con cobertura de queixo

Aínda que a cabaza está de plena tempada no outono, podes atopar variedades específicas no inverno coas que poderás preparar esta torta de cabaza con cobertura de queixo.

Tarta de cabaza

E é que comer produtos de tempada, tal e como facían os nosos avós, non só é o mellor para o teu peto, senón a mellor decisión para a túa saúde e para o medio ambiente.

A cabaza apórtache nutrientes esenciais para a tempada invernal que che axudan a combater os catarros e infeccións, mellora o teu sistema dixestivo e pon a punto todo o aparato urinario. Xusto que agora necesitas!

A nosa receita de torta de cabaza (que podes consultar neste enlace) está boísima fría, pero se a probas quente, chucharás os dedos.

Crema catalá

Hai poucas cousas máis tentadoras que o crocar da costra da crema catalá ao rompela coa culler (xusto antes de fundirse na túa boca).

Crema catalá

Neste doce boa parte da “culpa” do éxito téñena os ovos e o leite, así que pon moita atención ao escollelos.

Os primeiros, que sexan das nosas galiñas galegas; e en canto ao leite, que sexa fresca, enteira e de pastoreo. Redescubrirás o sabor das sobremesas de antes.

*****************

Con este prato doce, un dos nosos preferidos, cerramos o noso menú de comidas quentes.

Todos eles son pratos apetitosos, elaborados con produtos de tempada e que te “entoan” nun santiamén. Anímate a preparalos e pasarás as xeadas sen darte conta.