O respecto ao medio ambiente e o respecto polos animais son alicerces fundamentais polas que nos guiamos en Pazo de Vilane. Materializámolo no especial coidado das galiñas e das nosas terras de cultivo, que están rodeadas de bosques autóctonos que axudan a manter a biodiversidade na comarca da Ulloa. As nosas iniciativas en Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente son:
1 idea, 1 árbore
É a campaña que realizamos anualmente desde fai sete anos coa chegada da primavera. O obxectivo principal desta acción é darlle unha nova vida á caixa de ovos camperos de Pazo de Vilane. Se fomenta así o compromiso coas 3R: reducir, reutilizar e reciclar e contribúese a manter a biodiversidade da comarca da Ulloa.
Por cada idea que recibimos reutilizando a caixa de cartón reciclado, comprometémosnos a plantar unha árbore dunha especie autóctona nas leiras do pazo para que no futuro sirvan de acubillo e sombra ás nosas galiñas. Cada ano aumenta o número de participantes e as ideas, compartidas na nosa web e redes sociais, axúdanos a todos a concienciarnos na importancia do reciclado e a reutilización de materiais.
Huellas Conscientes
Dentro da nosa estratexia medioambiental quixemos dar un paso máis e aportar o noso grao de area na loita contra o cambio climático. En Pazo de Vilane estamos desenvolvendo o programa Huellas Conscientes en colaboración con Cuatrotercios e ISENER, o Instituto de Sostenibilidad Energética.
Trátase de unha iniciativa para calcular e reducir a pegada de carbono da nosa actividade. O programa inclúe formación para espertar e aumentar a conciencia de todos os grupos implicados levando a cabo acciones de redución e control das emisións.