9ª Edición de 1 idea, 1 árbore: Que viva a reutilización!

9ª Edición 1 idea, 1 árbol

Un ano máis, volve o noso concurso de ideas de reutilización da nosa emblemática caixa de cartón de ovos campeiros 1 idea, 1 árbore. Ata o 15 de maio de 2022 podes mandar as túas propostas inspiradoras; os 10 gañadores recibirán un lote de produtos Pazo de Vilane.

Con todo, ten sempre presente que neste concurso gañamos todos, porque por cada idea recibida plantamos unha árbore na comarca da Ulloa (Lugo) onde se sitúa Pazo de Vilane. Aos poucos, e coa axuda de todos vós, estamos a mellorar un anaquiño do noso planeta. Cada idea conta!

Como participar en 1 idea, 1 árbore (9ª edición)

A mecánica do noso concurso 1 idea, 1 árbore é moi sinxela:

  1. 1. Pensa na idea máis orixinal para reutilizar as nosas caixas de ovos e lévaa a cabo o mellor que poidas. Seguro que nos sorprendes! Ao longo da historia deste concurso recibimos propostas extraordinarias, pola súa singularidade e boa execución. Non dubides en consultar cales foron as gañadoras en anteriores anos.
  2. Mándanos a mellor foto da túa proposta cos teus datos persoais (co fin de que contactemos contigo se resultas gañador). Adicionalmente podes mandarnos un vídeo. Valoraremos non só a orixinalidade da túa idea, senón tamén a súa execución e moi particularmente a calidade da fotografía e/ou vídeo da túa candidatura.Puedes participar con más de una idea, pero debes enviarlas por separado. 
  3. Elixe unha destas 3 vías para remitirnos a túa proposta: 
    1. Mándanos un correo a: comunicación@pazodevilane.com 
    2. Desde as tuas RRSS (Facebook, Instagram o Twitter):  
      1. Entra no perfil de Pazo de Vilane.
      2. Síguenos se aínda non o fas. 
      3. Comparte unha foto, vídeo, reels ou carrusel con texto explicativo onde se mostre a túa idea. 
      4. Imprescindible: Etiquétanos: @PazodeVilane e engade o hashtag #1Idea1Arbol. Comproba que tanto a etiqueta @ PazodeVilane como a entrada da publicación no hashtag é correcta e pública
    3. Envía a túa candidatura por correo postal á dirección: Pazo de Vilane. Lugar de Vilane, 31. 27570 Antas de Ulla (Lugo). 

PODES CONSULTAR AS BASES DO CONCURSO AQUÍ

Novos bosques na Ulloa

Grazas a todas as propostas de reutilización de 1 idea, 1 árbore de edicións anteriores fomos reforestando a comarca da Ulloa, o noso “ rinconciño” no corazón de Galicia, onde se sitúan as leiras de Pazo de Vilane.

Todas esas árbores plantadas ao longo dos últimos 8 anos crecen cada día e non só limpan o aire, tamén suxeitan e enriquecen o terreo, impedindo a deforestación, e axudando á conservación de numerosas especies de aves que, co tempo, e cando sexan máis altos e frondosos, poderán aniñar nas súas ramas.

Por iso este concurso, enraizado nun dos nosos principais piares de RSC, o coidado do medioambiente, é unha parte moi especial de Pazo de Vilane.

Así mesmo, as árbores de 1 idea, 1 árbore van formando pequenos bosques nas distintas leiras do Pazo que protexen das aves rapaces (dificúltanlles a visión do chan) e dan sombra ás nosas galiñas. Cada día, cando saen ao exterior, tenden a buscar protección baixo as súas copas.

Precisamente o pasado ano plantamos un bosque especial, ao que denominamos Bosque dol 25 aniversario Pazo de Vilane, pois precisamente conmemoraba o noso cuarto de século como granxa de galiñas campeiras.

¿Te ha gustado este artículo?¡Pues te ofrecemos mucho más!

¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!