Huellas Conscientes

Dentro do noso compromiso co medio ambiente estamos a realizar o programa “Huellas Conscientes”, que desenvolvemos en colaboración con Cuatrotercios e con ISENER, o Instituto de Sustentabilidade Enerxética. Grazas a esta iniciativa, calculamos cal é a pegada de carbono das actividades que realizamos en Pazo de Vilane e tomamos medidas para reducila. O programa “Huellas Conscientes” inclúe formación destinada a que todas as persoas que forman parte de Pazo de Vilane tomen conciencia, levando a cabo acciones de redución e control das emisións.