1 idea, 1 árbore

Descobre todas as ideas do concurso 1 idea, 1 árbore que recibimos nos últimos anos no noso blogue. Podes consultar as propostas que nos enviastes para darlle unha nova vida á caixa de ovos camperos de Pazo de Vilane, a caixa da galiniña, e sacar ideas que podes facer ti mesmo. O obxectivo é poñer en marcha a regra das 3 R: reducir, reciclar e reutilizar, buscando reducir o impacto que deixamos no planeta. Ademais, con cada idea recibida neste concurso plantamos unha árbore dunha especie autóctona contribuíndo a manter a biodiversidade de Galicia.