En días de frío unha sopa quente sempre apetece. Un prato típico das nosas avoas, trátase dunha das receitas máis humildes e famosas da gastronomía española. É ideal para tomar en épocas de outono e inverno.
Ingredientes
- 6 ovos de Pazo de Vilane
- 10 dentes de allo
- 12 rebandas de pan duro
- 150 g de xamón serrano
- 3 litros de caldo carne, verduras ou auga
- Sal e pementa
- 2 culleradas de pemento doce
- 50 ml de aceite de oliva
Elaboración
- Pelamos e fileteamos os allos. Collemos unha cazola grande, quentamos aceite e introducimos o allo.
- Salteamos ata que comecen a coller unha cor dourada. Engadimos o xamón cortado en anacos pequenos e removemos para xuntar ámbolos sabores.
- Cando estea dourado, engadimos 6 rebandas de pan duro e dámoslles unhas voltas. Retiramos a cazola do lume, espolvoreamos co pemento doce e removemos ben.
- Volvemos colocar a cazola ao lume e engadimos o caldo ou auga e cocemos a lume moderado durante uns 20 minutos.
- Tostamos o que queda de pan con aceite de oliva e engadímolo.
- Salpimentamos ao gusto e rompemos os ovos e botámolos ao caldo.
- Deixamos callar durante 2-3 minutos e servimos moi quente nun cunco.