Solombo Wellington

Que non te asuste. Descubrímosche a receita perfecta para elaborar, paso a paso, un delicioso solombo Wellington.

50 minutos 4 comensales

A famosa receita do solombo Wellington chegou ata nós para impoñerse nas mellores celebracións. Non hai banquete de altura sen un bo solombo con follado. En Pazo de  Vilane ensinámosche como elaborar de forma sinxelo un bo solombo Wellington. Que non che impoña a súa elaboración, non é tan complicado como parece. Nós propoñemos facelo para unhas catro persoas, levarache un bo intre pero confiamos en que o resultado final merecerá a pena. A por el!

Receta de Solomillo Wellington

Ingredientes

  • 1 ovo campeiro de Pazo de Vilane
  • 1 solombo de tenreira (sobre 500 g de peso)
  • 1 lámina de follado
  • 1 ceboliña
  • Foie grass de ave
  • 200 g de champiñóns
  • 150 g de xamón serrano
  • 30 g de mostaza
  • Aceite
  • Sal
  • Pementa

Elaboración

  1. Empezamos por salpimentar o solombo para proceder a marcalo por todas as caras nunha tixola con aceite. Retiramos e reservamos.
  2. Na mesma tixola, engadimos 2 culleradas de aceite e botamos a ceboliña cortada en dados. Ao cabo de 10 minutos, poñemos tamén os champiñóns cortados en finas láminas.
  3. Cando estea todo ben pasado, botamos un anaquiño de foie grass para que se refogue ben cos ingredientes. Retiramos todo a unha fonte para que arrefríe.
  4. Colocamos un anaco de papel filme sobre unha superficie plana e poñemos encima os liscos de xamón. Sobre elas, os ingredientes da tixola e, por último, o solombo ao que lle botamos mostaza por encima.
  5. Coa axuda do papel filme pechamos o paquete, deixando o xamón pola parte exterior. Colocamos sobre a lámina de follado.
  6. Repetimos a operación de peche, deixando a parte de unión do follado cara abaixo.
  7. Prequentamos o forno a 180º C. Mentres, batemos o ovo de Pazo de Vilane e pintamos o follado.
  8. Introducimos no forno 25 minutos, vixiando que non se doure demasiado o follado.