Polo recheo

Dálle un toque diferente ás peitugas de pito preparándoas con esta receita riquísima na que non faltan os ovos campeiros de Pazo.

60 minutos 2 comensales

O polo é un dos alimentos máis consumidos nas casa de todo o mundo dada a súa versatilidade. Nesta receita de polo recheo propoñémosche darlle un toque único e especial con carne picada e xamón york. Compra peitugas frescas e carne picada no momento, isto axudará a darlle un toque máis especial ao prato. Usa aceite de oliva para fritir a carne e que non quede graxa. Con estes pequenos consellos conseguirás un pito recheo para conquistar a pequenos e a maiores. Como sempre, desde Pazo de Vilane propoñémosche que se queres engadir algún extra, como uns liscos de queixo, te animes a experimentar.

Receta pollo relleno de Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 2 ovos campeiros de Pazo de Vilane
  • 4 peitugas de polo
  • 200 g de carne picada
  • Un bote de pementos do piquillo
  • 150 g de xamón york
  • Aceite
  • Sal
  • Pementa negra moída

Elaboración

  1. Cocemos os ovos de Pazo 10 minutos nun cazo. Deixamos que arrefríen e pelámolos.
  2. Abre as peitugas e salpiméntalas. Esténdeas seguidas sobre papel filme. Encima de cada unha coloca os liscos de xamón york, un pouco de carne picada, medio ovo e un anaquiño de pemento.
  3. Enrola o pito presionando ben forte para que se compacte. Podes atalo con cordel de bridar.
  4. Prequenta o forno a 150º C e coloca os rolos de polo nunha bandexa. Bota un toque de pementa e unhas pingas de aceite por encima
  5. Enfornamos 40 minutos e servimos en liscos, acompañado da guarnición que prefiramos.