A pescada en salsa verde é xa todo un clásico dos fogares españois. Ao tratarse dun peixe que adoita abundar e é económico, a pescada é máis fácil de conseguir. O problema é que ás veces faltan ideas de como preparalo pero isto xa ten solución con esta rica receita que che deixamos.
Que non te engane a sinxeleza da súa elaboración, tampouco os poucos e básicos ingredientes que require. Esta receita necesita a materia prima de calidade converténdoo nun prato de luxo cuxo son un sabor espectacular. A receita orixinal leva soamente pescada, pero pódese engadir ameixas, chícharos, espárragos brancos ou ovo duro en cuartos combinando estes ingredientes. Como sempre, nós poñemos as receitas, ti pos a cretividade e o teu gusto.
Ingredientes
- 4 ovos campeiros de Pazo de Vilane
- 8 toros de pescada
- 200 g de chícharos
- 200 ml de caldo de peixe
- Un vaso de viño branco
- Una lata de espárragos
- 2 dentes de allo
- Perexil
- Aceite
- Sal
- Fariña
Elaboración
- Lavamos os anacos de pescada para quitar impurezas e secámolos con papel de cociña. Salgamos e reservamos.
- Nun cazo pequeno poñemos os catro ovos a cocer 10 minutos. Retiramos e pelamos.
- Picamos os allos e o perexil. Nunha cazola botamos aceite e allos e damos voltas para que non se douren. Engadimos dúas culleradas de fariña e o viño branco e revolvemos.
- Cando a mestura estea homoxénea, botamos o caldo de peixe quente, un pouco de sal e o perexil picado. Ao romper a ferver, engadimos a pescada e os chícharos.
- Deixamos que se pasen os toros 2-3 minutos por cada lado e retiramos do lume.
- Para servir o prato, partimos os ovos de Pazo de Vilane en anacos lonxitudinais e poñemos os espárragos por encima das rodaxes de pescada. Aderezamos coa salsa verde. Delicioso!