Pastel de carne

Queres facer unha receita diferente con carne picada e ovo campeiro? Descobre os trucos para cociñar un rico pastel de carne.

50 minutos 4 comensales

O pastel de carne é unha receita moi completa que non deixará indiferente aos teus invitados. A clave está en conseguir a mellor carne picada, que a corten no momento sería o ideal. Nós sempre optamos por pedir metade de tenreira e metade de porco para conseguir maior  jugosidad na mestura final. Ademais, hai que dicir que o toque único que lle dan os ovos cocidos de Pazo de Vilane no recheo fai que este pastel de carne nos encante.

Receta pastel carne Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 4 ovos campeiros de Pazo de Vilane
  • 500 g de carne picada (podemos optar por 250 g de porco e 250 g de tenreira)
  • Pan relado
  • Queixo en liscos
  • Perexil
  • Sal

Elaboración

  1. Nun cazo poñemos a cocer 3 dos ovos campeiros 10 minutos. Retiramos e pelámolos.
  2. Mesturamos a carne co outro ovo, o perexil e o sal. Facemos unha masa coas nosas mans á que incorporamos aos poucos pan relado para darlle consistencia.
  3. Estendemos a mestura en forma rectangular sobre papel filme. Collemos os tres ovos e os liscos de queixo e colocámolos no medio. Envolvemos todo axudándonos do papel.
  4. Nunha bandexa apta, metemos o pastel de carne no forno a 200º C durante 30-35 minutos.
  5. Cando estea listo, partimos en rodas non moi grosas e ao prato.