¿Que terán os “nuggets” de polo que a todos os nenos lles volven tolos? ¿Será a tenrura? Ou máis ben o rebozado crocante e apetitoso? En Pazo de Vilane encántannos os retos de cociña e propuxémonos ofrecerche a receita de “nuggets” de polo caseiros máis deliciosa que probases.
O noso “secretiño” é unha combinación de especias , e o seu sabor lembrarache ás receitas de polo fritido do sur de Estados Unidos e un rebozado moi orixinal, elaborado con cereais ou flocos de millo, ¡Verás que toque tan crocante¡
Como facer dous “nuggets “ de polo unha opción saudable
- A pesar da súa mala fama, os “nuggets” de polo, se son caseiros, son unha boa opción nutricional.
- É certo que non hai que abusar dos fritos, pero se están elaborados cun aceite limpo e de calidade, só os serves unha vez á semana e non te pasas coa cantidade, é unha alternativa perfectamente saudable.
- Eliximos a peituga porque é ben sabido que é a parte máis magra do polo; tamén podes elixir queixo cremoso baixo en graxas se queres rebaixar calorías.
- Acompaña os “nuggets” dunha boa ensalada e terás unha comida moi completa. Se queres seguir co estilo americano mestura cenoria, apio e col relada cunha culleradiña de maionesa caseira, un pouquiño de vinagre, e un pouco de azucre como aderezo. ¡Deliciosa!
Ingredientes
- 2 peitugas de polo enteiras e limpas
- 2 rebanadas de pan de molde
- 2 culleradas sopeiras de queixo cremoso de untar
- 1 taza de leite ou de soro de leite
- Sal
- 250 ml de aceite de xirasol ou de oliva (ao teu gusto)
- 2 ovos Pazo de Vilane
- 200 g de fariña
- 2 puñados de flocos de millo (sin azucre)
- Especias ao gusto: 1/2 de cullerada de tomiño
- 1/2 de cullerada de albáfega
- 1/3 de cullerada de oregano
- 1 cullerada de sal de apio
- 1 cullerada de pimenta negra
- 1 cullerada de mostaza en po
- 4 cullerada de pimentón
- 2 culleradas de sal de allo
- 1 cullerada de xenxibre en po
- 3 culleradas de pimenta blanca
Elaboración
- Pon a remollar na leite as dúas rebanadas de pan de molde, pero retira previamente as cortizas.
- Mentres, pica nun robot as dúas peitugas de polo, xunto co queixo cremoso. Engade o pan de molde escorrido. Debe quedar unha masa compacta e moldeable.
- Nun bol grande mestura ben todas as especias coa fariña.
- Noutro cunco aparte, bate dous ovos.
- Nun terceiro recipiente, machuca lixeiramente os flocos de millo tostados (cereis). Non debes desfacelos demasiado ou o rebozado non che quedará tan crocante. Prepara unha tixola con aceite de xirasol e vai quentándoo a lume medio.
- Forma bolas, esmágaas lixeiramente (ata darlles a forma de “nugget” ), pásaas por fariña coas especias, despois polo ovo e por último polos cereais.
- Frite os “nuggets” controlando ben o lume (para que non se queimen nin queden crus) e deixa que absorban o exceso de aceite nunha fonte con papel de cociña.