Unha receita sinxela que nos levará pouco tempo na cociña. En media hora, poderemos facer unha deliciosa enfornada. Fai as túas madalenas deliciosas con esta receita. Fáisenos a boca auga só de imaxinalas.
Ingredientes
- 3 ovos de Pazo de Vilane
- 200 gr de fariña de repostería
- 125 gr de azucre branco
- 50 ml. de leite enteiro
- 100 ml de aceite de oliva extra virxe suave
- ½ sobre de fermento
- Moldes de silicona para madalenas e moldes de papel rizado para madalenas
- Un chisco de sal
Elaboración
- Nun cunco grande batemos os ovos. Engadimos aos poucos o azucre mentres seguimos batendo e mesturando.
- Vertemos amodo o aceite e ímolo mesturando co resto de ingredientes. Facemos o mesmo co leite, daquela a fariña, un chisco de sal e fermento. Cando estea mesturado metémolo na neveira para arrefriar.
- Colocamos os moldes de silicona sobre a bandexa do forno e metemos os moldes de papel rizado.
- Dámoslle unha última batida á mestura e vertemos nos moldes.
- Enfornamos 15 minutos a 200º C. Comprobamos que están douradiñas.
- Deixamos repousar dentro dos moldes de silicona, para que asente ben a masa.