Espaguetes á carbonara

O auténtico spaghetti carbonara con xema de ovo

30 minutos 4 comensales

Os cociñeiros italianos non se cansan de repetir que os verdadeiros espaguetis carbonara non levan nata, senón xema de ovo, que é a que lle da a tan celebrada salsa a súa característica untuosidade.

Por suposto, non seremos nós quen lle levemos a contraria. En Pazo de Vilane preparámola cos nosos fresquísimos ovos camperos, queixo parmesano, touciño ou panceta e un toqueciño de lima que che vai a encantar. ¡Apunta a receita¡

Os nosos trucos para uns espaguetis carbonara dignos do mellor cociñeiro italiano

  • Raia o queixo parmesano no momento (dunha peza enteira); é preferible non usar un de bolsa, pois a receita perderá grande parte do seu inconfundible aroma.
  • Raia tamén a lima no momento, pero só a parte verde (non te pases e inclúas a branca, ou lle dará amargor ao conxunto)
  • Estos espaguetis á carbonara deben servirse ben quentes e no momento, antes de que a salsa espese.
  • Podes engadir unha xema máis a pasta se ves que non quedou ben repartida por todo o prato.

Ingredientes

  • 400 gr de espaguetis
  • 4 litros de auga
  • 2 xemas de ovos Pazo de Vilane
  • 300 gr de touciño afumado (o guanciale italiano).
  • 70-80 gr. de queixo parmesano (ou máis, según o teu gusto)
  • Pimenta
  • 1 lima

Elaboración

  1. Pon a ferver abundante auga (1 litro por cada 100 gr de pasta seca) cun bo puñado de sal.
  2. Cando chegue a ferver, engade a pasta e déixaa o tempo recomendado polo fabricante.
  3. Nun bol prepara a salsa: bota dúas xemas de ovo (sen nada de clara) abundante queixo parmesano raiado e moita pementa.
  4. Engade un toque de raiadura de corteza de lima. Mestura ben; quedará unha pasta bastante densa.
  5. Nunha tixola sen aceite pon ao lume lento uns cantos taquiños de touciño (o prato orixinal faise con guanciale italiano, unha papada adobada).
  6. Déixaos sudar pouco a pouco, ata que solten a graxa. Unha vez feitos, retira cuncha culler a maior parte dese aceite.
  7. Cando os espaguetis estén listos, sácaos directamente- sen colalos- cun aparello apropiado e ponos na tixola co touciño.
  8. Engade a pasta de xema e un pequeño caciño de auga quente da cocción da pasta, que axudará a integrar todo ben.
  9. Remove e sírveos enseguida.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade