Cocochas

A cococha é unha parte situada xusto debaixo do queixo do bacallau e que se converteu nun artigo gourmet. Descobre como preparalas con Pazo de Vilane.

45 minutos 4 comensales

As cocochas son un dos segredos mellor gardados do bacallau. Trátase dunha delicia que triunfa alá por onde vai, e máis con esta receita que segue os pasos dos cociñeiros do País Vasco. Ademais, ten como punto ao seu favor que é moi fácil e rápida de elaborar. Que máis se lle pode pedir?

 

Receta de cocochas - Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 4 ovos de Pazo de Vilane
  • 800 gramos de cocochas de bacallau
  • 2 vasos de aceite
  • 3 dentes de allo
  • 3 chiles secos
  • auga
  • sal
  • perexil
  • Vinagre

Elaboración

  1. Poñemos o aceite para quentar nunha cazola cos dentes de allo e os chiles, cando se estean dourando os allos, engadimos as cocochas e o sal.
  2. Deixámolo 1 minuto ao lume e retiramos. Quitamos case todo o aceite e reservámolo noutro recipiente e deixámolo amornar un pouco.
  3. Empezamos a remover a cazola en círculos e engadimos aos poucos o aceite que antes reservamos.
  4. Nunha cazola con auga fervendo, sal e un pouco de aceite, escalfamos os ovos, colocámolos encima das kokotxas e espolvoreamos con perexil picado.