Os portugueses din que teñen unha receita de bacallau diferente para cada día do ano. Que día será que cociñen o bacallau dourado? Nós propoñémosche que o fagas hoxe. O secreto para chupar os dedos é que compres o bacallau de calidade para que se pode gozar ben de todo o seu sabor e da súa peculiar textura.
Ingredientes
- 6 huevos camperos de Pazo de Vilane
- 400 g. de migas de bacallau
- 1 cebola grande
- 4 patacas
- Sal
- Perexil
- 50 g. de olivas negras
- Aceite de oliva virxen extra
Elaboración
- Comezamos desalando o bacallau. O peixe ten que quedar cuberto con abundante auga. Os anacos grandes tardarán 48 horas cambiando a auga cada 6. Os máis pequenos, tardarán 36.
- Migamos as faragullas de bacallau ata que queden anacos pequeniños e metémolos en auga fervendo durante 2 minutos a lume alto.
- Escorremos e reservamos nun cunco para o final da receita.
- Partimos a cebola moi fina e pochamola nun pouquiño de aceite nunha tixola ampla.
- Cando estea lista engadimos as faragullas de bacallau que temos reservado e movemos todo uns 2 minutos e retirámolo da tixola.
- Nun cunco amplo batemos os ovos e reservamos.
- Pelamos as patacas e cortámolas en anacos alongados e moi finos. Fritímolas en abundante aceite de oliva virxe extra ata que nos queden douradas e crocantes.
- Retiramos o aceite da tixola deixando un pouquiño e engadimos o sofrito do bacallau e a cebola, as patacas palla e o ovo batido.
- Removemos con lume medio durante 2-3 minutos ata callar o revolto. Picamos o perexil e partimos as olivas e servímolo.
- Picamos el perejil y troceamos las aceitunas y lo servimos.