10 receitas de “Samaín”(Halloween) sinxelas e terroríficas!

¿Buscas recetas de Halloween rapiditas y sin complicaciones pero, eso sí, increíblemente aterradoras e impactantes? Apunta y ponte el delantal.

Cookies tricolores para Halloween

¿Buscas receitas de Samaín (Halloween) rapidiñas e sen complicacións pero, iso sí, increíblemente aterradoras e impactantes? Apunta tódolos ingredientes e ponte o mandil, que este ano o teu menú de Samaín (Halloween) para a túa festa terrorífica deixará xeados de admiración aos teus invitados.

Traémosche 10 receitas para Samaín (Halloween) súper orixinais, desas que non só están riquísimas , senón que “entran polos ollos” (que nesta festa é un factor moi importante)

De verdade, con estes pratos é imposible non triunfar. Propoñémoste varios entrantes ou cousiñas para picar e ¡cómo non¡ moitos doces de Samaín (Halloween), que son os que máis gustan aos pequenos da casa. ¿Comezamos?

Brazo de xitano de Samaín (Halloween)

Por Esperanza González

Brazo de gitano de Halloween
Brazo xitano de Samaín, con cabazas de pasta doce e recheo de nata.

É o súper doce desta festa, boísimo e moi decorativo. Con este brazo de xitano de Samaín-Halloween

(inspirado nas cabazas , tan outonais) vante chover os afagos. E a pesar de qué vistosísimo , é moi sinxelo de facer. Segue a nosa receita de brazo de xitano de Samaín (Halloween) e non fallarás.

Só terás que fornear o biscoito, a continuación o recheo e finalmente a pasta de cigarros, coa que formarás as cabazas.

Despois é cuestión de seguir os nosos pasos para montalo. ¡Quedaráche espectacular!

Por certo, se che gusta o brazo de xitano tradicional, tamén te ofrecemos o mellor. Esponxoso, suave e recheo de crema pasteleira. ¡Para rozar o ceo de gusto!

Calabaciñas Pretzels 

Por Esperanza González

Pretzels o bretzels con forma de calabaza
Deliciosos pretzels recén horneados cunha forma orixinal de cabaza. Non deixarán un!

Preciosas ¿non vos parece? Os pretzels son uns panecillos alemáns- máis concretamente da rexión de Baviera- que versionamos para a túa festa de Samaín (Halloween) cun aire outonal. Ademáis, son perfectos para colocalas xunto as cestas do pan e ofrecer unha alternativa orixinal aos teus invitados.

¿Sabías que os pretzels, tamén coñecidos como bretzels, xa se facían en tempos dos romanos en toda Xermania? Hoxe en día cocíñanse con variadas formas, sabores e texturas, desde unha crocante ata máis esponxosa, pero todas deliciosas.

Segue aquí o noso paso a paso para facer as Calabaciñas Pretzel. ¡Causarán sensación!

Cupcakes bruxas atrapadas

Por Esperanza González

Cupcakes de Halloween
Orixinal, colorido e delicioso. Así son estas pequenas magdalenas de bruxas!

Algunhas bruxiñas caéronse dentro destas madalenas…¡Isto pásalles por lambonas¡ Ofrece aos teus convidados esta simpática broma en forma de sobremesa para Samin (Halloween) seguindo esta receita sinxela:

  1. Pon nun cazo a lume suave 220 ml de cervexa negra. Engade 250g de manteiga cortada en dadiños e remove ata que se derreta. Retira e reserva.
  2. Nun bol mestura 250g de fariña de repostería, 75 g de cacao en po, 250 g de azucre e 2 culleradas e media de bicarbonato. Noutro bol aparte, bate os ovos e a xema doutro xunto con 140 ml de nata líquida e 1 culleradiña de vainilla, ata que quede ben ligado. Engade a isto último a cervexa coa manteiga, e posteriormente o bol coa fariña, o cacao , o azucre e o bicarbonato. Quedará algo líquido pero é normal.
  3. Verte a masa nos moldes de madalenas e enforna (co forno prequentado) a 170º durante uns 20 minutos. Unha vez feitos, déixaos nunha reixa arrefriando.
  4. Nun bol moi frío (podes deixalo antes na neveira) monta cunhas baleas eléctricas 250 ml de nata líquida, 200 g de queixo cremoso, 100 g de azucre glas e unhas pingas de colorante laranxa. Mete esta mestura nunha manga pasteleira e adorna as madalenas.
  5. Para simular as bruxas atrapadas nas madalenas necesitas unhas palliñas de cores e unha cartolina negra coa que debuxarás e recortarás as botas. Pega cun pouco de pegamento estas últimas ás pernas e ¡xa tes o adorno!

Sesiños con ovo

Por La Hormiga Tenaz

Huevos duros de Halloween
Un entrante delicioso que podes preparar en pouco tempo.

Deliciosamente terroríficos. ¿Quén é o valente que se atreve a preparalos? ¡Anímate que están boísimos¡ E ademáis non poden ser máis sinxelos de preparar.

Aquí vai un entrante sinxelo para Samaín (Halloween), con poucos ingredientes e que lle gusta a todo o mundo, nenos incluidos.

  1. Coce durante 10 minutos 6 ovos camperos Pazo de Vilane.
  2. Pelaos e córtaos lonxitudinalmente para separar as xemas.
  3. Mestura as xemas cunha latiña de paté de porco. Engade maionesa ao teu gusto para que a mestura quede máis fluida. Sal pimenta.
  4. Introduce o recheo nunha manga pasteleira ou bolsiña “zip” coa embocadura pequena.
  5. Enche facendo eses, imitando a forma dos cerebriños que aparece na imaxe.

Burguer Vampiro

Por La Hormiga Tenaz

Hamburguesas de huevo duro para Halloween
Con esta horrenda aparición, o mundo enteiro os devorará.

¿Comerannos estes vampiros ou o faremolo nós? En Pazo de Vilane apostaríamos pola segunda opción, porque estas mini “Burguer Vampiro” están boísimas.

  1. Coce 6 ovos Pazo de Vilane, deixa arrefriar, córtaos pola metade e retira as xemas, reservándoas.
  2. Introduce as claras nun frasco de cristal con tapa e éncheos con 250 ml de vinagre balsámico de Mödena. Déixaas repousar de 12 a 24 horas.
  3. Salpimenta 200g de carne picada e forma pequenas hamburguesas do tamaño dos ovos. Cun fío de aceite márcaas á prancha. Reserva.
  4. Curta en láminas os pepinillos, os liscos de queixo en forma de dentes e os pementos de piquillo pola metade.
  5. Saca as claras e pásaas por un fío de auga, para quitar o sabor avinagrado, escórreas sobre papel absorbente.
  6. Monta as hamburguesas. Sobre a clara de ovo pon un pouco de maionesa, unha lámina de pepinillo, a hamburguesa, o lisco de queixo e pimento morrón. Tapa con outra clara de ovo e decora cuns paliños e uns ollos monstruosos.

Sorpresas peludas de dinosaurio

Por La Hormiga Tenaz

Huevos rellenos de aguacate y aceitunas negras de Halloween
De onde veu esta horrible araña?

Non hai nada máis terrorífico que unha grande araña negra e peluda… E se sae do ovo dun dinosaurio a cousa ponse ben fea…

Aos teus nenos vanlle encantar estos ovos monstruosos pola súa orixinalidade e sabor:

  1. Coce 6 ovos camperos Pazo de Vilane e resérvaos sen pelar.
  2. Coce 100 g de amoras ou arandos en suficiente auga como para cubrir os ovos. Unha vez blandiñas, tritura as amoras, para que queden disoltas na auga.
  3. Rompe os ovos cocidos para que queden craquelados (sen retirar a casca). Mete os ovos na auga de amoras e deixa cocer un minuto máis. Retira do lume e deixa que arrefrien e repousen no zume de amoras ao menos 8-12 horas.
  4. Pela un aguacate e tritura, engadindo un fío de aceite, sal , pementa e un pouco de zume de limón. Introduce a pasta nunha manga pasteleira coa embocadura rizada.
  5. Trocea unhas olivas negras sen óso, en rodaxiñas para o corpo e láminas para as patas.
  6. Saca os ovos e pélaos baixo un fío de auga.
  7. Curta lonxitudinalmente os ovos, pon un pouquiño de aguacate, decora coas arañas e unhas sementes de sésamo. Non esquezas facerlles os olliños cun pouco de maionesa.

Comeósos

Por La Hormiga Tenaz

Huesos de azúcar para fiesta de Halloween
Dende aquí escoitamos como os teus ósos renxen de medo …

Unha festa de “Samaín” non está compreta sen un bo esqueleto…  Como o que podes formar con estes ósos doces. Só necesitas dous ingredientes.

  1. Mestura 120 g de claras de ovo Pazo de Vilane con 250 g de azucre, quentando a mestura ao baño maría e removendo sen parar. Mide cun termómetro ata que alcances os 55º (non deben notarse os grans de azucre).
  2. Pasa a mestura quente a un bol e bate cunhas baleas eléctricas ata que estea frío e o merengue teña firmeza (uns 15.20 minutos).
  3. Prequece o forno a 80º e enche unha manga pasteleira cunha embocadura pequena e lisa coa mestura anterior. Na bandexa do forno, forrada con papel de enfornar, vai facendo a forma dos osiños ( como un 8 alargado).
  4. Enforna uns 60 minutos a 80º ( ou máis, ata que os vexas secos). Cando estean listos, sácaos pero non os toques ata que estean fríos ou se romperán.

Tea de araña doce de cabaza

Por La Hormiga Tenaz

Este bolo é perigoso … Mantéñeo lonxe dos nenos ou o devorarán.

Unha torta riquísima, que se prepara nun momento e que causará auténtico horror. En só sete pasos a terás lista.

  1. Engraxa un molde con manteiga. Tritura 125 g de galletas de chocolate e 125 de galletas María e engade 125 g de manteiga fundida no microondas. Remove ben e verte a masa no molde, apelmazando co fondo dun vaso para que se reparta ben. Mete á neveira para que se arrefríe.
  2. Cociña a vapor 500 g de cabaza limpa e troceada, uns 15-20 minutos ata que se abrande. Tritúraa cun garfo(non coa batedora ) e deixa que que atempere.
  3. Nun bol mestura 3 ovos Pazo de Vilane con 270 g de queixo cremoso, 150 g de azucre, 1 culleradiña de canela e 1 de xenxibre en po. Engade tamén a cabaza con movementos envolventes.
  4. Saca da neveira o molde e verte a masa sobre a base da galleta.
  5. Co forno prequentado ( a170º) enforna o biscoito durante uns 60 minutos (tamén a 170 ºC).
  6. Retira do forno e deixa atemperar, e reserva 2 horas na neveira.
  7. Finalmente desmolda o biscoito e decora a superficie co chocolate fundido en forma de tea de araña.

Muffins Momia de Cabaza e Chocolate Branco

Por Bulalaica

Muffins momia de Halloween
Monstruosos panecillos de momia … enredádevos neles!

¡Qué “muffins” máis pavorosamente deliciosos¡ E é que a combinación de cabaza, o chocolate branco e a canela é irresistible. Non dubides en preparalos e situalos nun lugar de honra da túa mesa de festa de “Samaín”.

  1. Lava e curta en anacos 240 g de cabaza. Pona nun prato apto para o microondas, tapado con papel filme, e quenta 10 minutos a máxima potencia. Retira con coidado , para non queimarte, e machuca cun garfo.
  2. Mestura nun robot de cociña 2 ovos, 60 ml de leite, 60 ml de aceite de xirasol, a cabaza asada, 1 cucharadiña de esencia de vainilla, 100 g de azucre moreno e 1 cullerada de mel, ata que quede todo ben integrado.
  3. Tamiza 200 g de fariña xunto cunha culleradiña de canela, outra de xenxibre e 2 de fermento químico en po. Engade todo á mestura anterior, removendo cunha espátula. Incorpora 100 g de chips de chocolate branco e mestura.
  4. Reparte a masa en cápsulas de “muffins” e enforna a 180º durante 28-30 minutos. Unha vez pasado este tempo, deixa arrefriar nunha reixa, mentres funde unha tableta de chocolate branco e enche con él unha manga pasteleira.
  5. Coloca en cada “muffin” dous ollos comestibles e decora por riba co chocolate branco da manga , como se foran as vendas da momia.

Pastel de chocolate Jack Skellington

Por Bulalaica

Tarta Jack Skellington
Jack Skellington chama á porta da túa cociña …


Outro doce para Samaín para os amantes do chocolate. Delicioso e moi sinxelo, esta sobremesa entra só. Xa nos contarás…

  1. Cobre un molde de torta cunha lámina de masa crebrada. Pica a base cun garfo para que non suba a parte central e introdúceo no forno prequentado durante 15 minutos a 180º.
  2. Mentres, derrete 200 g de chocolate negro para sobremesas (troceado ao microondas ou ao baño maría) e reserva un pouco na manga pasteleira para a decoración final.
  3. Aparte, pon nun cazo ao lume 200 ml de nata líquida e 2 culleradas de leite, e cando estean a piques de ferver, engade o chocolate en tres quendas. Separa as claras das xemas de dous ovos Pazo de Vilane e monta as 2 claras a punto de neve. Reserva.
  4. Integra as xemas na mestura de chocolate, ao lume durante 1 minuto a temperatura media. Deixa amornar. Engade agora a clara montada e mestura cunha espátula, con movementos envolventes. Envorca a mestura na masa cociñada.
  5. Coloca a segunda masa crebrada por riba, pecha ben os bordos, e volve a meter ao forno outros 15 minutos. Xa fora do forno, decora a superficie co chocolate reservado na manga pasteleira , debuxando a cara de Jack Skellington. Deixa arrefriar durante 3 horas como mínimo.

Como puideches comprobar, estas receitas de “Samaín” non só te axudarán a crear ese ambiente terrorífico e orixinal para a túa festa; tamén son sinxelas, renden moito e podes preparalas con antelación.

Así, cando cheguen os teus convidados só terás que ocuparte de divertirte, gozar da túa súper celebración…e recibir as felicitacións polo teu menú.



Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade