Cinco receitas para o inverno con ovo campero: quentiñas, sas e económicas

Te traemos un recopilatorio de platos de invierno fáciles, baratos, y que entonan el cuerpo en un santiamén. ¡Ponte el delantal, que empezamos!

Potaje, típica receta de invierno

Con estes fríos, non só hai que abrigarse; tamén hai que agudizar o enxeño. Esborrállanse as temperaturas, pero non por iso debe facelo o nivel dos nosos pratos. O que necesitamos son receitas que nos hidraten máis e acheguen ao corpo enerxía sa, como a que proporciona o ovo campeiro, o ingrediente estrela que inclúen todas as que hoxe che propoñemos.

Xa sabes que os ovos das nosas galiñas galegas saben a campo porque pastan todos os días do ano ás súas anchas nos prados sempre verdes do Pazo. E ademais dos nutrientes extra que incorporan nos seus paseos (a través das flores, herbas ou insectos que atopan) están alimentadas cunha mestura exclusiva de cereais e leguminosas, o que redunda nunha mellor posta.

Fai a proba: casca un ovo de Pazo de Vilane e observa o seu aspecto no prato. Verás que xema tan alaranxada e que clara tan brillante e compacta!

Con estes ovos, imposible que che salga mal este recompilatorio de pratos de inverno fáciles, baratos, e que entoan o corpo nun airiño. Ponche o mandil, que empezamos!

Un clásico entre os clásicos para combater o frío: la Sopa de cebola

Tardarás pouco máis de 20 minutos en facer esta sopa de cebola, que che virá estupenda como entrante na comida ou como prato único na cea. Só necesitarás unha cebola picadiña, queixo relado, caldo caseiro, aceite, un bo pan de pobo e uns ovos campeiros.

Verás que espectáculo cando rompas coa culler a xema e fúndase co resto de ingredientes!

Aquí tes o paso a paso da nosa sopa de cebola para que a prepares tal e como o facemos no Pazo os días máis fríos.

Sopa de cebolla con huevo campero

Crema de cabaza con escabeche de cogomelos

Outra receita de auténtico luxo que terás lista nun airiño e todo o mundo adora. A base está formada por cabaza partida e refogada xunto a outras verduras (cebola, cenoria, allos porros, pataca…) á que deberás engadir un chorriño de viño branco e auga. Cócese todo amodo e se tritura ben.

Iso si; a “graza especial” da receita achégana o escabeche de cogomelos e o acompañamento de ovo duro picadiño e anacos de froitos secos. Deixámosche todas as instrucións desta deliciosa receita de crema de cabaza por se te animas a preparala. 

Crema de calabaza con escabeche de setas

Ovos rotos ou estrelados

Receita contundente e rica onde as haxa. A quen non lle apetecen a calquera hora estes ovos rotos con xamón?

É un prato barato, rápido e espectacular. A clave está en elixir unhas patacas de excelente calidade, un bo xamón, cortado moi fino e, por suposto, os ovos campeiros de Pazo de Vilane. A preparación é ben sinxela; pasámosche todos os trucos para que leves á túa mesa a mellor receita de ovos estrelados, como tamén os denominan.

Sírvete unha copa de bo viño e esquécete do frío gozando con este pratazo.

Huevos rotos con jamón

Garavanzos con bacallau

Os pratos de culler sempre “arranxan o corpo”, por iso propoñémosche garavanzos con bacallau guisados amodo, á maneira tradicional, con pemento doce, que sentan tan ben cando baixan as temperaturas. Ben o saben no interior da Península, onde as temperaturas son xélidas todos os invernos.

A esta receita non lle falta nin o ovo cocido (que lle dá un sabor excepcional) nin por suposto as verduriñas, que xunto aos garavanzos ofrécenche unha completa batería de fibra e nutrientes. Garantímosche que con este prato poderás afrontar os fríos do inverno por duros que veñan.

Gazbanzos con bacalao o potaje de Semana Santa

Rosquillas caseiras

Un doce tradicionalmente invernal que produce adicción. As rosquillas caseiras están boas sempre, pero sobre todo cando vai frío, nas merendas ou en almorzos, acompañadas de chocolate quente.

A nosa receita de rosquillas ten un valor incalculable, porque é desas fórmulas familiares que van pasando de xeración en xeración apuntada nun vello caderno. Sinxelamente, é a que se fixo no Pazo… desde que nos acordamos.

¡Apunta a nosa receita de rosquillas caseiras e anímate a facelas, verás que delicia!

Rosquillas caseras

Como ves, iso de “ao mal tempo, boa cara” cobra todo o sentido coas nosas propostas.

Corre á túa cociña e saca a túa caixiña de ovos Pazo de Vilane, que con estas cinco receitas tan ricas e tradicionais atoparás bos motivos para sorrir ao inverno.

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade