10 preguntas que sempre quixeches facer sobre o ovo campero

Saímos no teu rescate. Recopilamos as dez preguntas máis frecuentes sobre este gran alimento e dámoste as nosas recomendacións.

Segue lendo , porque moitas che sacarán de dúbidas e algunhas te sorprenderán.

1-¿Cal é o valor nutricional do ovo campero?

 Poderíamos dicir, sen temor a equivocarnos, que é moi elevado, de feito, é un dos alimentos máis ricos en nutrientes que nos ofrece a natureza. O valor nutricional dos ovos é tan grande que non hai dieta (sexa do tipo que sexa, de adelgazamento ou de fortalecemento tras unha enfermidade, por exemplo) que non o inclúa

A lista de nutrientes do ovo campero é casi inabarcable.Pero quédate con este dato: contén casi todas as vitaminas, numerosos minerais, antioxidantes, proteínas moi asimilables., aminoácidos, oligoelementos… ¡E ata anticorpos¡ Ademáis, as súas grasas son todas boas (Omega 3 e insaturadas) e aporta poucas calorías (as mesmas que unha mazá mediana, aproximadamente).

¿Sabías que todos estos nutrientes colaboran na prevención e no mellor pronóstico de multitude de enfermidades e patoloxías?

2-¿En qué se diferenza un ovo campero de outro?

Un ovo campero diferénciase doutro de “xaula” ou de “chan” (tamén chamadas libres de xaulas) en que as galiñas que os producen poden saír ó exterior. É dicir, os ovos camperos son de galiñas que pastorean no campo.

Por iso as galiñas camperas poden incorporar nutrientes extras nos seus paseos (ademáis da súa alimentación habitual)) como vitaminas ou minerais, a través dos seus “picoteos” campestres: diferentes herbas, flores, pedriñas ou insectos. Isto axuda a desenvolverse mellor e a poñer mellores ovos. Así ocurre en Pazo de Vilane, onde disfrutan de pastos verdes, durante largas horas os 365 días do ano.

Así pois, recorda e escolle con cuidado: se non son camperos ou ecolóxicos, os ovos proceden de galiñas que non ven a luz do sol nin respiran aire libre.

3-¿Ten moito colesterol o ovo?

Sí, o ovo contén colesterol, pero éste non se asimila polo corpo e é eliminado na súa maior parte. Ademáis, contén fosfolípidos, unhos nutrientes que impiden que esa mínima absorción chegue a darse.

É dicir, desterra dunha vez da túa mente a famosa asociación ovo e colesterol… porque é falsa. Consumir ovos non eleva o colesterol.

4-¿Cántos  ovos podo comer?

Se tes receos acerca de cántos ovos pódense comer á semana , descoida; a comunidade científica coincide en afirmar desde hai anos que unha persoa adulta e sá pode consumir sen medo ata 6-7 ovos , é dicir, un diario.

A túa saúde non só non se resentirá, senón que mellorará. O ovo ten unha gran capacidade saciante, poucas calorías, e moitas proteínas, plo tanto é moi probable que – se elixes ben os alimentos cos que acompañalo- lidiarás mellor co sobrepeso, entre outras patoloxías. 

De feito, varios estudos aseguran que comer un ovo ao dia non implica maior risco de enfermidade cardiovascular, pois non eleva os lípidos na sangre.

5-¿Qué ovo é o máis saudable?

Todos os ovos son saudables. Mellor dito, increíblemente saudables.

Os beneficios do ovo para a saúde son numerosísimos; gracias os seus nutrientes é capaz de previr ou mellorar moitas enfermidades, como algúns tipos de cáncro, ansiedade, osteoporosis, hipertensión, descompensacións hormonais, espina bífida, falta de memoria, anemia, caries, sarcopenia, infeccións, fígado graso, síndrome premenstrual, problemas de crecemento… E un largo etc..

Está demostrado que os ovos, mellor aínda se son camperos, deberían formar parte insustituible da dieta de certos grupos de poboación máis vulnerables, como nenos, convalecentes, anciáns, ou embarazadas. Tamén as persoas que fan moito deporte ou que teñen unha profesión que implica un elevado desgaste físico ou psíquico farían ben en consumilos a míudo.

6-¿Qué ovo ten máis proteínas?

Todos os ovos ben producidos son ricos en proteínas… e ademáis da mellor calidade.

Pero ollo, existen algunhas lendas sobre os ovos e as proteínas que tamén te axudamos a desvelar:

O primeiro é que ainda que a maior parte das proteínas se concentran na clara, a xema tamén as contén, polo que sempre é mellor consumir o ovo completo, sen separar as súas partes.

 Por outro lado, ¿sabías que as proteínas dos ovos son as de maior valor biolóxico, é dicir, as que mellor incorpora e emprega o noso organismo, por diante das proteínas vexetais?

Debes telo en conta á hora de elaborar os teus menús.

7-¿Cómo sei se un ovo está malo?

Se a veces te preguntas cómo saber se un ovo está malo fíxate en primeiro lugar na súa data de posta (que estará impresa na etiqueta do envase); poderás comelo sen risco ata 28 días despois.

Ten en conta que os ovos de Pazo de Vilane soen chegar fresquísimos as tendas, con apenas uns 2-3 días de posta, así que disporás de máis de 3 semanas para consumilos.

Pero se por algún motivo non tes este dato , aquí van algúns trucos para saber se un ovo está malo.

En primeiro lugar, deposítao con cuidado nun vaso de auga. Se cae o fondo é  fresco; se flota tes que tiralo.

Un segundo consello: se o cascar o ovo nun prato ves que a clara, en vez de xelatinosa e recollida ao redor da xema, se expande e ten un aspecto máis líquido do habitual (e incluso o límite entre a xema e a clara non está ben definido) non o consumas e tírao.

8-¿Son mellores os ovos brancos ou os morenos?

Os expertos non aprecian grandes diferenzas nutricionais entre os ovos brancos e os morenos.

O ovo de galiña, sexa cal fora a súa cor, é un verdadeiro súper alimento polo seu valor nutricional , ahora ben, todo dependerá da boa crianza. Unha galiña en mal estado de saúde, maltratada ou infra alimentada producirá ovos de peor calidade.

Quizá descoñezas que os ovos brancos proceden de razas de galiñas con plumaxe branco; os morenos de razas pardas ou de plumaxe máis oscuro.

¡Pero hai máis cores¡ Desde marrón chocolate ó ocre, varias gamas do verde ós azulados; celestes, azul ceo… Tamén os ovos de cores son resultado da xenética da galiña, é dicir, algunhas razas son moi capaces de por esos ovos tan chamativos (que máis ben parecen sacados dun conto de fadas que do nido dun galiñeiro)

9-¿Cántos  ovos pode chegar a poñer unha galiña?

De novo aquí a xenética manda. Depende da súa estirpe; así as galiñas de carne soen ser máis grandes, pero poñen menos ovos, mentras que as de posta son máis pequenas , pero con maior ritmo e capacidade ovárica.

Polo tanto, non hai resposta única e rápida a pregunta ¿cántos ovos pon unha galiña?

Aínda que sí podemos asegurar que unha boa galiña poñedora podería alcanzar ou incluso superar a cifra de 300 ovos ao ano na etapa central da súa vida, isto é , a partir da súa madurez reproductiva e antes do seu envellecemento, cando se van espaciando as súas postas.

Pero só porán abundantes ovos (os que , por xenética, estaba chamada a poñer) se está ben criada: excelente alimentación, boa xestión dos galiñeiros, vida sen estrés (con libre pastoreo e ausencia de peleas por competencia ou xerarquía) descanso semanal, manexo adecuado de dolencias…

10-¿Por qué a veces me costa pelar os ovos cocidos?

Vaite sorprender a resposta, pero a veces é moi difícil pelar os ovos cocidos… ¡Porque están demasiado frescos!

A medida, que trascorren os días tras a posta, a membrana da cáscara que protexe o ovo vai separándose pouco a pouco da clara e isto facilita que poidan pelarse mellor.

Así que , se coces ovos demasiado frescos, no penses que hai algo malo neles. ¡Só ármate de paciencia!

Son moitas as cuestións que rodean a un “alimento top” como é o ovo campero; nestas 10 condensamos as máis debatidas.

Teno en conta nos teus pratos e estarás facendo unha elección de primeira: riquísimo, barato, súper saudable.. Ademáis de versátil, natural e sempre en tempada.