Ovo negro: ¿Misterio sen resolver ou truco de cociña?

Los huevos negros fascinan a multitud de personas por su extrañeza pero, ¿qué son? ¿cómo se forman? En este post te desvelamos el misterio.

Huevo negro

Os ovos negros fascinan a multitude de persoas pola súa estrañeza pero ¿que son? ¿como se forman? Neste post desvelámosche o misterio.

Se cadra xa os viches en Internet: ovos negros como o carbón, do tamaño e forma habituais, pero cunhas tonalidades tan intensas que ás veces presentan matices azulados ou mesmo vermellos ¿De verdade pode existir un ovo negro, posto por unha galiña, ou é todo un truco culinario? Investigamos a fondo a cuestión e resolto o misterio pero, avisamos, non o descubrirás ata o final. ¿Acompáñanos neste apasionante viaxe en busca dos ovos negros?

O primeiro que se nos vén á cabeza cando contemplamos estes ovos tan escuros, casi góticos, é a posibilidade de que se trate dun ovo máxico, procedente dun estraño animal prehistórico, ou incluso mitolóxico. ¿De verdade dáse isto na natureza? Pois si… e non. Vaiamos por partes.

Os ovos negros de Owakudani

Owakudani e os seus ovos negros convertéronse nunha gran atracción turística para os xaponeses.

Non tódolos ovos negros que ves na Internet presentan ese aspecto recentemente postos por unha galiña. Os máis famosos ovos negros son os procedentes de Owakudani, unha paraxe volcánica ubicada ao sur de Tokio en Xapón. Tódolos anos millóns de xaponeses congréganse neste escenario para cumprir unha tradición: comer tódolos ovos negros posibles, pois supostamente cada un deles lles agasalla sete anos de vida.

¿Pero son negros de verdade? Chegamos á primeira decepción: non . Ten truco. En realidade, os ovos de Owakudani son ovos de galiña normal e corrente cocidos nas augas volcánicas do val. Varios comerciantes ben equipados mergullan centos deles nas gaiolas que mergullan nas augas sulfurosas ata que adquiren unha intensa cor negra.

Despois véndenos dentro dunhas bolsiñas de papel e familias enteiras congréganse ao longo do val para pasar un día de festa e procurar- gracias ao rito- unha longa vida para todos.

O curiosos desta tradición nipoa, denominada Kuro Tamago (que significa “ovos negros”) é que está xa tan arraigada que é moi común a compra venda de todo tipo de obxectos conmemorativos como peluches, camisetas e suadoiros ou fundas para móbiles con curiosos diseños de ovos escuros.

Ovos negros chineses ou ovos milenarios

Seguimos coa temática oriental, pero nesta ocasión facemos referencia a unha técnica que consegue o cociñado e preservación dos ovos a un tempo. En China non é nada raro atopar nos supermercados ou comercios preparados especiais de pasta de arxila ou salvado de arroz para macerar os ovos e conservalos durante meses. Son os chamados ovos milenarios ou ovos centenarios e na súa denominación alúdese non ao alimento, naturalmente, senón ao procedemento de preparación, cuxa orixe se sitúa moitos séculos atrás.

Nalgunhas familias chinesas substitúese a pasta anterior por unha receita a base de hidróxido de sodio (apto para alimentación) sal, auga e té negro. Hai que ter coidado con esta preparación, pois se non se coñece a fórmula exacta e a proporción dos ingredientes, resulta corrosiva.

Ao cabo de 30 días de macerado neste líquido os ovos milenarios ou centenarios están listos para ser consumidos. O curioso desta técnica é que logra non só tinguir a casca e preservar o ovo, senón que tanto a clara como a xema xelatinicen, dando lugar a unha textura interior similar á do ovo cocido, pero cun orixinal aspecto, semellante ao dunha roca estratificada.

Ovos negros… con truco

Pero non te desencoraxes: é posible tinguir ovos moi sinxelo e deixalos tan negros como o acibeche. ¡E ademáis están riquísimos¡ Xa cho avanzamos cando che presentamos a nosas 10 receitas de Halloween máis sinxelas e terroríficas

Ademáis, podes seguir dúas técnicas diferentes para conseguir resultados dispares: o ovo negro completo ou ben o marmoleado.

Se queres lograr o primeiro efecto, non tes máis que cocer os ovos da forma habitual, pelalos e cubrilos con vinagre de Módena dentro dun bote de cristal, durante 24 horas. No segundo caso, o procedemento é similar, salvo que só debes crebar as cascas dos ovos cocidos, (non pelalos) e introducilos en auga de amoras durante 8-12 horas. Despois só terás que quitar as cascas e listo.

Tamén hai quen se decanta polos ovos fritidos negros. A clave neste caso está en separar a clara da xema e bater lixeiramente a primeira con tinta de lura. A continuación, fritila nun pouco de aceite e seguidamente incorpora a xema. 

Os verdadeiros ovos negros

“Ou sexa, que non hai ovos negros de verdade…” Pois non tanto. Agarda e verás.

As galiñas da raza Ayam Cemani son negras desde a crista ata as unllas; desde a plumaxe ata os ollos; desde o pico ou a lingua ata a súa carne (por dentro e por fóra) . Vamos que son negras de todos. E sí, como te estás imaxinando, poñen ovos negros ¡e ben negros’.

Gallina Ayam Cemani

Eso sí, só na súa casca: por dentro son coma todos, de clara transparente (que se volve blanca ao cocerse) e xema alaranxada.

Estas galiñas son cotizadísimas. No mercado internacional poden chegar a pagar 300 dólares por un poliño e 600 dólares por unha ave adulta, aínda é moi habitual que o precio se dispare no mercado negro, pois son moi escasas.

Ademáis, en países como Indonesia e boa parte do sueste asiático a carne desta galiña é consumida como parte dun ritual, o que a converte nun animal moi codiciado.

Como ves, sí existen ovos negros de galiña na natureza e aínda moi limitados e desexados non son miticos nin tampouco máxicos. Tamén existen técnicas milenarias de cociña oriental coas que se obteñen os ovos escuros máis curiosos do mundo.

Pero sen ir máis lexos, tes ao alcance da túa man técnicas moi sinxelas e rápidas para transformar un simple ovo en algo realmente sabroso e rechamante na túa mesa.

Desde Pazo de Vilane conseguimos resolver e contarche o tan traído e levado misterio do ovo negro viaxando ata Xapón, a antigua China, Indonesia ou os fogóns da túa cociña. ¡Que aproveite¡

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade