Cantas veces contamos en Pazo de Vilane que o ovo é un dos alimentos máis completos que existen? Xa perdemos a conta pero non nos cansamos de repetilo. Falámosche sobre as propiedades da clara, chea de proteínas e de vitaminas imprescindibles para o ser humano, e tamén sobre os numerosos beneficios da xema, a pesar da mala e falsa imaxe que tivo anos atrás.
Por todas estas calidades e nutrientes, faise imprescindible incluír ao ovo campeiro como o de Pazo de Vilane na nosa dieta diaria. Pódense consumir 6 ou 7 ovos á semana sen que a súa inxesta teña repercusión negativa na nosa saúde. Ademais, estamos a falar dun produto barato e ao alcance de todos. Por isto, hoxe traémosche unha serie de menús económicos con ovos ideais para a túa saúde e para o teu peto. Ofrecemos entrantes, tortillas, pratos fortes e sobremesas para que poidas elixir e servir ao teu gusto.
Entrantes
Ovos recheos
Fáciles de preparar, pódenche sacar de máis dun apuro. A clave está en cocer os ovos á perfección, 10 minutos. Para o recheo podemos usar o que teñamos pola neveira, atún, cebola, millo, embutidos de pavo ou xamón en anaquiños, paliños de cangrexo… Aproveita ingredientes e aforrarás ademais de ser eficiente.
Sándwich de ovo
Hai moitas versións pero este sándwich que propoñemos é perfecto para incluír nun menú económico con ovo. Tan só tes que coller unha rebanada de pan de molde e esmagar o medio cunha culler, de forma que quede cóncavo, cos bordos máis altos. Botamos o ovo no oco e encima un lisco de xamón e outra de queixo. Un toque de ourego ou pementa, se tes en casa e ao forno 10 minutos. Encantaravos!
Patacas recheas con ovo
Escolle unhas patacas das que teñas por casa de bo tamaño e ponas a cocer coa pel. Cando estean blandiñas, baléiraas pola metade cunha culler e vertes o ovo nese espazo. Engade un pouco de queixo (en liscos, relado, do país…) por encima e ao forno ata que o ovo calle. Está delicioso e só necesitas 3 ingredientes que tes na despensa.
Tortillas
Tortilla de pataca
Nun menú barato con ovos non pode faltar unha boa tortilla de pataca. Tan só necesitamos patacas, aceite e sal, ademais dos xa citados ovos para que quede deliciosa. É un prato contundente e que gusta a maiores e a pequenos polo que é perfecta para incluír nas nosas receitas semanais. Podes facela máis pasada ou menos, ao gusto.
Tortilla de verduras
Unha opción saborosa e nutritiva, das que as avoas dirían que é de aproveitamento. Por que? Pois porque podemos usar todas as verduras e hortalizas que teñamos na neveira: cebola, champiñóns, pemento, cabaciña, berenxenas, etc. A clave está en ir pochándolas de máis dura a menos dura para que todas queden blanditas ao mesmo tempo. Despois só hai que engadir os ovos e deixar que callen.
Tortilla francesa
Fácil de preparar, barata e rica. Non se lle pode pedir máis a este clásico que ademais admite moitas variantes. Hai quen a fai só cun par de ovos batidos, outros lle engaden marmelada por encima (como as que elaboramos de maneira artesanal en Pazo de Vilane) , hai algúns que optan por un toque de queixo, outros de atún ou xamón… Sempre ao gusto do consumidor.
Pratos fortes
Ovos fritos con patacas
E máis nada que engadir. A sinxeleza non está ligada co sabor e por iso os ovos fritos con patacas fritas son un dos pratos máis repetidos cando se lle pregunta á xente pola súa comida favorita. Aquí deixámosche o truco para que salga perfecto.
Frittata
A frittata non pode faltar á hora de pensar receitas para menús baratos. Algúns chamana a tortilla italiana, pois a súa orixe está nos campesiños de Italia que aproveitaban ingredientes da despensa e que sobraban doutras pratos para elaborala. Pode levar multitude de ingredientes (verduras, pito, carne picada) así que a clave está en aproveitar o que teñas en casa.
Arroz á cubana
Un clásico que non pode faltar. A receita tradicional leva plátano frito, e nalgúns lugares engádenlle salchichas, pero con que fagas o arroz branco no seu punto xunto coa salsa de tomate e un par de ovos fritos ben feitos, solucionarías unha comida de forma barata á vez que deliciosa.
Sobremesas
Flan de ovo
Á hora de falar de sobremesas con ovo, o flan sempre sae á dianteira. A receita tradicional leva ovos, leite e azucre e podes preparalo en pouco tempo polo que ademais de ser unha receita económica, é de rápida preparación. Deixámosche unha vídeo receita que elaboran en 5 minutos!
Isla flotante
Ovos, azucre e leite tamén son os ingredientes desta sobremesa, aínda que se tes vainilla non dubides en usala. Aquí levaranos un pouco máis de tempo a preparación xa que hai que montar as claras a piques de neve e xuntar as xemas xa batidas con azucre co leite quente. Logo metemos a mestura na neveira e cando arrefríe, envorcamos nun cunco e coroamos coas claras que pasariamos 20 segundos por microondas.
Filloas
Uno das sobremesas galegas máis desexados son as filloas. Son fáciles de facer polo que é unha boa sobremesa para que colabore toda a familia. Deixámoste a receita tradicional das filloas, tal e como as elaboramos desde sempre en Pazo de Vilane.
Xa sabes cales vas incluír nos teus menús baratos con ovos? O mellor é ir variando e facendo rotación con todas elas. Así descubrirás cada semana novos sabores á vez que probas os teus dotes de cocinillas. O que está claro é que os mellores ovos para elaborar estas receitas son os de Pazo de Vilane, procedentes de galiñas criadas en liberdade en Galicia. Non esperes máis e bótalle ovos ao teu menú!