Granxas avícolas: tipos e principais diferenzas

Granja avícola campera Pazo de Vilane

Unha granxa avícola é un centro agropecuario de cría de aves de curral, ben para o aproveitamento comercial da súa carne, ben para a posta de ovos, No primeiro caso as granxas avícolas acollen os denominados polos de engorde; no segundo, galiñas poñedeiras.

¿Queres coñecer as diferentes clases de granxas avícolas existentes, como funcionan e que características básicas as distinguen? Segue lendo , que che desvelamos tódalas claves.

Granxa avícola de polos de engorde ou de carne

Trátase de establecementos agropecuarios onde se crían aves para o aproveitamento da súa carne. En España existen preto de 5000 explotacións autorizadas deste tipo, cunha densidade media de 25.000-30.000 polos cada unha.

Neste tipo de instalacións as condicións de crianza están moi sistematizadas. Así, os animais adoitan aloxarse en naves cunha temperatura acondicionada- xeralmente, en torno aos 26º e iluminación e ventilación controladas. Tanto os comedeiros como os bebedeiros están sistematizados e controlados por sistemas informáticos que regulan o caudal exacto de penso e auga necesarios para a crianza do animal.

Granxas avícolas de posta

As granxas avícolas de posta son aquelas que crían galiñas para a comercialización dos seus ovos. Según ASEPRHU (Asociación Española de Productores de Ovos) en España hai unhas 1.340 granxas produtoras, que albergan algo máis de 47 millóns de galiñas poñedeiras, case tantas como españois.

O noso país é unha verdadeira potencia no sector do ovo dentro da U.E. Dos 7 millóns de toneladas de ovos producidas nun ano, un 25% proceden de España, según datos do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medioambiente.

Tipos de granxas avícolas de posta ou de galiñas poñedeiras

Granxas avícolas de gaiola acondicionada

Granja avícola de jaula
Granxa avícola de gaiola, sistema maioritario no sector avícola español. Pazo de Vilane NON aplica este sistema.

O 78% das galiñas españolas viven aloxadas en gaiolas dentro deste tipo de granxas denominadas intensivas, cuxos ovos se identifican co número 3 (debe ir marcado na caixa).

Tratase de grandes centros produtores onde, de media, alóxanse unhas 67.700 galiñas por granxa, ás veces máis. No caso das denominadas macrogranxas, poden chegar a convivir ata un millón de galiñas.

En Europa a porcentaxe de galiñas de gaiolas é moito más baixo respeto a España. Do redor do 40% debido á crecente presión que grupos de consumidores veñen exercendo nos últimos anos a favor do benestar animal.

A clave neste sistema é a rendibilidade económica, que se maximiza gracias á xestión da gaiola. Os animais están pechados entre reixas, e á súa vez dentro de enormes sistemas de baterías (similares as liteiras de varios pisos) de forma que nun mesmo recinto poden caber ata 10 veces máis aves que noutros sistemas, como o campero- no caso das macrogranxas esta porcentaxe crecería exponencialmente.

Según a lexislación, as gaiolas acondicionadas deben ser de 750 cm² por galiña (600 cm² de superficie utilizable). Normalmente as gaiolas non son tan pequenas, senón que varias galiñas comparten unha máis grande e dispoñen desde espacio mínimo. Últimamente os produtores deste sistema están incorporando as chamadas gaiolas enriquecidas, que contan ademáis con niños e /ou perchas incorporados.

Na xestión deste tipo de granxas de gaiolas o benestar animal non se ten practicamente en consideración. Os animais non saen xamáis do seu estreito confinamento, polo que adoitan presentar danos en patas, ás, e picaxe ou desplumaxe en distintas partes do corpo. Son aves sometidas a un considerable estrés, especialmente pola falta de espazo e de acceso ao aire libre.

Aínda máis que noutros tipos , nestas granxas avícolas é vital que a xestión sea óptima.

Manexar granxas con semellante número de aves non é nada sinxelo: débense retirar os exemplares mortos a diario, vixiar estreitamente a posibilidade de epidemias, e revisar a conciencia os sistemas de alimentación, calefacción, e ventilación, entre outros moitos factores , para salvagardar a hixiene e a seguridade alimentaria.

Pero, fóra destes coidados básicos pouco pode facer o coidador ou granxeiro das granxas avícolas de gaiolas para rebaixar o nivel de estrés dos animais e mellorar o seu benestar.

Granxas avícolas de chan

Granxa avícola de terra. No mercado, os ovos deste sistema de cría adoitan referirse como procedentes de “galiñas sen gaiolas”. Pazo de Vilane NON aplica este sistema de aviarios (nin plataformas elevadas de varios pisos).

As granxas avícolas de chan ( o 13% en España) réxense por métodos de crianza similares aos de gaiola (as galiñas permanecen pechadas en naves, sen acceso ao exterior) salvo que non estean engaioladas.

Con todo, esta diferenza non supón un gran avance no seu benestar animal, porque estas galiñas- cuxos ovos se distinguen co número 2- seguen sen poder acceder ao exterior en ningún momento das súas vidas.

Esta circunstancia (o feito de que estean encerradas día e noite, pero libres para poder andar dentro do galiñeiro) complica a crianza, pois as galiñas son extremadamente xerárquicas e as dominantes adoitan impedir ou dificultar o acceso á auga e alimento ás máis débiles ou submisas.

Estos comportamentos se producen máis frecuentemente cando non teñen a posibilidade de sair ao exterior para distraerse e dar renda solta aos seus instintos.

No caso das granxas avícolas de chan- tamén denominadas libres de gaiolas- o establecemento dos ciclos diurnos e nocturnos e das estacións do ano só poden tratar de imitarse de forma artificial mediante a luz e a climatización. Por iso, ás veces son inevitables as pelexas ou picaxes entre conxéneres ( ou incluso o auto picaxe).

Asimesmo, a concentración de aves soltas- e o que en ningún momento abandoen o galiñeiro- poden dificultar a observación e o tratamento do granxeiro, por exemplo, á hora de identificar e retirar aos animais mortos ou ben previr algún brote patolóxico.

Granxas avícolas camperas

Galiñas en liberdade do Pazo de Vilane durante o seu pastoreo cun dos seus gardas.

A principal característica das granxas avícolas camperas, categoría á que pertence Pazo de Vilane, é o acceso ao aire libre tódolos días por parte das galiñas.

A segunda diferenza é unha menor densidade de aves por establecemento avícola. A pesar de que as granxas camperas- recoñecerás os seus ovos polo código 1 impreso na caixa- representan o 32% das granxas avícolas españolas, solamente aloxan ao 8% de galiñas.

A lexislación non establece qué condicións deben cumprir os parques exteriores (por exemplo, ter ou non vexetación, ou incluso con que frecuenza deben sair) pero sí o número de metros cadrados mínimos por galiña, que é de 4m2.

No caso de Pazo de Vilane, e dadas as excepcionais condicións climáticas da comarca da Ulloa (Lugo), onde nos atopamos, as nosas galiñas gozan de pastos verdes todo o ano, incluso nos días máis calurosos do verán, gracias ao réxime de chuvias galego e as sombras das árbores coas que repoblamos os terreos tódolos anos.

En Pazo de Vilane aplicacmos outra norma non especificada na lexislación de granxas avícolas camperas: as nosas galiñas aen aos prados frescos tódolos días, e permanecen fora o maior número de horas posible (en primavera e verán, cando os días son maís largo, alcanzamos o máximo)

Únicamente permanecen nos galiñeiros se as condicións climatolóxicas excepcionalmente non acompañan, por exemplo, unha nevada ou unha forte choiva. Tampouco, por outra parte, lles gusta ás aves sair ao exterior nesas circunstancias e prefiren quedarse recollidas.

Como ves e a pesar de que en todas elas viven polos ou galiñas, hai moi distintos tipos de granxas avícolas e con claras diferenzas se atendemos á calidade de vida dos animais nunhas e outras.. 

Por iso, animámoste a apoiar o modo de cría máis respetuoso co benestar animal das galiñas. É sinxelo, tan só debes exercer a túa decisión de compra de modo responsable e elixir só ovos co código 1, que foron postos por galiñas que reciben os mellores métodos de crianza, acordes aos seus instintos naturais.

www.aseprhu.es/el-sector-espanol-del-huevo/

www.rtve.es/noticias/20180402/93-gallinas-ponedoras-viven-enjauladas-espana/1707260.shtml

www.pueblosvivoscuenca.es